Linguas cananeas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As Linguas cananeas son unha subfamilia das linguas semíticas, que foron faladas polos antigos pobos da rexión de Canaán, incluíndo cananeos, hebreos, fenicios, e eventualmente filisteos. Todas elas extinguíronse como linguas nativas ao principio do primeiro milenio da nosa era, aínda que o hebreo permaneceu no uso literario e relixioso entre os xudeus, e foi revivida como lingua habitual falada a fins do século XIX por Eliezer Ben-Yehuda. Os fenicios (e especialmente a expansión cartaxinesa) difundiron a súa lingua cananea cara ao Mediterráneo occidental durante un tempo, pero alí tamén desapareceu, aínda que parece ter sobrevivido algo máis que na Fenicia mesma.

As linguas cananeas[editar | editar a fonte]

Fontes das linguas cananeas[editar | editar a fonte]

As principais fontes para o estudo das linguas cananeas son a Biblia hebrea (Tanakh), e inscricións tales como:

As inscricións cananeas extrabíblicas están recolleitas xunto coas arameas nas edicións do libro "Kanaanäische und Aramäische Inschriften", do cal poden ser referidas como KAI n (para un número n); por exemplo, a Estela de Mesha é "KAI 181".

Trazos das linguas cananeas[editar | editar a fonte]

As linguas cananeas, xunto coas arameas e o ugarítico, forman o subgrupo das linguas semíticas noroccidentais. Algúns trazos distintivos do cananeo en relación co arameo son:

  • O prefixo 'h-' usado como artigo definido (mentres que o arameo ten un -a final). Isto parece ser unha innovación do cananeo.
  • O pronome de primeira persoa é 'ʼnk' (אנכ - anok(i)) (fronte ao arameo - ʼnʼ/ʼny) - que é similar ao acadio e ao antigo exipcio.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]