Xabier Pérez Igrexas
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Xabier Pérez Igrexas | |
---|---|
Nacemento | 7 de agosto de 1984 |
Vigo | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Xabier Pérez Igrexas, nado en Vigo o 7 de agosto de 1984, é un político galego, candidato á alcaldía de Vigo polo Bloque Nacionalista Galego nas eleccións municipais de 2019.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi secretario xeral dos Comités Abertos de Estudantes[1] e é militante da Unión do Povo Galego[2] e membro do Consello Federal da Confederación Intersindical Galega[3]. Foi secretario da Federación de Asociacións Veciñais Eduardo Chao, columnista de opinión en diversos medios de comunicación[Cómpre clarificar] e un dos impulsores de Sermos Galiza[4]. Nas eleccións municipais de 2019 saíu elixido como o único concelleiro do BNG no pleno da corporación municipal de Vigo[5].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Xabier Pérez Igrexas encabeza a candidatura do BNG ao concello de Vigo nas Municipais de 2019". Noticias de Vigo. 12 de setembro de 2018.
- ↑ "Xabier Pérez Igrexas". UPG
- ↑ "Xabier Pérez Igrexas será o cartaz do BNG nas municipais en Vigo". Sermos Galiza. 12 de setembro de 2018.
- ↑ "O BNG xa ten candidato en Vigo, Xabier Pérez Igrexas". Xornal de Vigo. 12 de setembro de 2018.
- ↑ "El BNG regresa con el propósito de no volver a quedarse fuera del Concello". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-06-16. Consultado o 2020-09-12.