Saltar ao contido

XMM-Newton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «XMM Newton»)
XMM-Newton
TipoObservatorio espacial
OrganizaciónESA
Destino actualEn servizo.[1]
Data de lanzamento10 de decembro de 1999, 14:32 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorAriane 5G[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Kourou[3][6]
Obxectivo da misiónObservación do ceo en raios X.[3][6]
NSSDC ID1999-066A
Masa2400,0 kg[3]
Potencia1000 vatios[3]
Datos orbitais
Semieixo maior66.935 km[1]
Inclinación70,1 graos[1]
Apoapse114.399,7 km[1]
Periapse6729,5 km[1]

XMM-Newton, coñecido inicialmente só como XMM (acrónimo de X-ray Multi-Mirror, é un observatorio espacial da ESA lanzado o 10 de decembro de 1999 mediante un foguete Ariane 5G desde o Centro Espacial de Kourou.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

XMM-Newton é un observatorio espacial en raios X que leva tres telescopios a bordo, cada un composto por 58 espellos concéntricos de alta precisión feitos de níquel e recubertos de ouro para proporcionar a maior superficie posible de recolección (un total de 120 m2). O observatorio está composto por tres seccións:[3][5][6]

  • O tubo do telescopio, de 7 m de longo.
  • Un módulo de servizo no extremo anterior que tamén conta coas aberturas aos espellos.
  • O módulo posterior, co plano focal e contendo as cámaras e os detectores para os raios X.

A nave estabilízase nos tres eixos e a alimentación eléctrica é proporcionada por dous paneis solares que en total dan unha envergadura ao observatorio de 16 m. O sistema de control de posición do observatorio permite seguir obxectivos cunha precisión de 0,025 segundos de arco durante un intervalo de dez segundos. XMM-Newton tamén leva a bordo un monitor óptico, un telescopio de 30 cm de apetura no rango visible e no ultravioleta para observar nesas bandas a mesma zona do ceo que é observada en raios X. As enerxías observables por XMM-Newton vande 0,1 a 10 keV cunha resolución espacial de ata 30 segundos de arco.[3][5][6]

Instrumentos científicos

[editar | editar a fonte]

XMM-Newton leva os seguintes instrumentos a bordo:[3][5][6]

  • Tres cámaras EPIC (European Photon Imaging Cameras).
  • Dous espectrómetros de reflexión rasante (RGS).
  • Un monitor óptico, aliñado co telescopio principal de raios X.
  • Sistema de Monitorización de Radiación EPIC (ERMS).

Datos e consecuencias

[editar | editar a fonte]

Os datos recollidos sobre o movemento e luminosidade en clústeres de galaxias afastados en diferentes direccións fan pensar que o universo pode non ser isótropo, expandíndose de xeito diferente en diferentes direccións.[7]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "XMM" (en inglés). Consultado o 8 de abril de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Letter dated 27 September 2000 from the Legal Adviser of the European Space Agency to the Secretary-General" (PDF) (00-58514(E)). 12 de outubro de 2000: 2. Consultado o 8 de abril de 2018. 
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 NASA (27 de abril de 2016). "XMM-Newton" (en inglés). Consultado o 8 de abril de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "XMM / XMM-Newton" (en inglés). Consultado o 8 de abril de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "XMM-Newton" (en inglés). Consultado o 8 de abril de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Mark Wade (2011). "XMM" (en inglés). Consultado o 8 de abril de 2018. 
  7. "Repensando la cosmología: la expansión del universo podría no ser uniforme". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-04-08. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]