Wurstebrot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wurstebrot cortado en rodas para seren fritos
Wurstebrot freíndo cuns Klöße rebanados

Wurstebrot é unha especie de salchicha elaborada con sangue (similar á morcilla) considerado un prato tradicional da cociña da Baixa Saxonia e Westfalia (sobre todo no Münsterland, Alemaña). O Wurstebrot acostuma cortarse en rodas dun grosor dun a medio centímetro e adoita asarse nunha tixola con manteiga xunto con rebandas de pataca ou klöße. Considérase un prato humilde de gran contido calórico que posiblemente formaba parte da dieta dos labregos da rexión do Münsterland (denominados "Breifresser") na época da matanza.

Características[editar | editar a fonte]

O Wurstebrot leva carne e sangue de porco, speck (touciño) e codia de touciño, grans de centeo e especias diversas (que adoitan ser o segredo de cada carniceiro). O centeo neste embutido fai que cando se fría na tixola se aglutine e solidifiquen os ingredientes dando unha consistencia similar ao pan (recordando en textura e cor ao pan Pumpernickel), é moi posible que o nome en alemán Wurst-brot (que se traduce como: Salchicha-pan) faga lembrar esta característica. As salchichas adoitan ser de tamaño mediano, chegando a alcanzar entre os 10 e 15 centímetros de diámetro.

Servir[editar | editar a fonte]

Nas épocas nas que se facía a matanza do porco en Münsterland o Wurstebrot cortábase en anacos pequenos e se facía unha especie de puré que se freía xunto con touciño que se adoitaba empregar como almorzo. A este prato denominábaselle "Wourstbrotssoppen". Hoxe en día adóitase servir de maneira moi sinxela nos restaurantes da zona, verténdose o contido da tixola nun prato e coméndose quente. Pódese acompañar de mostaza, de ravos ou compota de mazá. É frecuente a miúdo un acompañamento do Leberbrot (un embutido similar feito con fígado de porco).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]