Compota de mazá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pratiño con compota de mazá.

A compota de mazá é unha compota elaborada con mazás xa peladas e adozada con azucre. É frecuente engadir algunha especia coma canela, vainilla etcétera. A facilidade de elaboración convértea nun prato caseiro común que se acostuma tomar como sobremesa. Atópase tamén envasada en supermercados. En Galicia era un prato típico da Noiteboa; ademais de canela adóitaselle engadir viño branco á auga de cocedura[1].

Usos[editar | editar a fonte]

Ademais do seu uso coma sobremesa, a compota de mazá pode acompañar pratos salgados. Nas cociñas alemá e sueca, adoita atoparse cocida e aromatizada con vinagre suave, xunto con lombarda. O mesmo que en Galicia, é un prato típico de Nadal en Alemaña onde se serve co Weihnachtsgans (ganso de Nadal). En Francia acompaña tradicionalmente á morcilla de sangue e emprégase frecuentemente coma gornición de pratos de carne de porco, veado e aves de caza. Na cociña inglesa a compota ou puré de mazá sérvese acompañando a pratos de carne, xeralmente de carne de porco, mais non é un mollo malia o que suxestiona o seu nome en inglés, apple sauce.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]