Wu Mingqian
Wu Mingqian, Lucerna, 1982 | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de xaneiro de 1961 Hangzhou |
País de nacionalidade | Chinesa |
Grupo étnico | Han |
Actividade | |
Ocupación | Xadrecista |
Nacionalidade deportiva | República Popular da China |
Deporte | xadrez |
Título de xadrecista | Gran Mestra Feminina (1985) |
Puntos ELO (màx.) | 2.215 (1987)< |
Identificador FIDE | 8600392 |
Participou en | |
1986 | Women's Chess Olympiad 1986 (en) |
1984 | Women's Chess Olympiad 1984 (en) |
1982 | Women's Chess Olympiad 1982 (en) |
1980 | Women's Chess Olympiad 1980 (en) |
Wu Mingqian (chinés simplificado: 吴敏茜; pinyin: Wú Mǐnqiàn), nada o 8 de xaneiro de 1961 en Hangzhou, é unha xadrecista chinesa.[1] Posúe o título de Gran Mestra Feminina da FIDE dende o 1985.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]No ano 1985, obtivo o segundo posto no Torneo Feminino Interzonal de Zeleznovodsk, cunha puntuación final de 10½/15.[3] En consecuencia, clasificouse para o Torneo de Candidatas Femininas do 1986, celebrado en Malmö, onde quedou de oitava, cun 3/7.[4] O vindeiro ano, Wu logrou o duodécimo posto no Torneo Interzonal de Smederevska Palanka, cun 5½/15.[5]
Wu competiu no equipo nacional chinés de xadrez feminino en catro ocasións (1980-1986), cun total de 54 partidas (21 vitorias, 20 táboas, 13 derrotas).[6] O seu ELO actual é de 2175 puntos, mais a súa última partida foi no ano 2001; o seu ELO máximo foi de 2215 (xaneiro de 1987).[2][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The chess games of Mingqian Wu". www.chessgames.com. Consultado o 2023-12-09.
- ↑ 2,0 2,1 "Wu, Mingqian". ratings.fide.com. Consultado o 2023-12-09.
- ↑ "1985 Zeleznovodsk Interzonal Tournament : World Chess Championship (women)". www.mark-weeks.com. Consultado o 2023-12-09.
- ↑ "1986 Malmo Candidates Tournament : World Chess Championship (women)". www.mark-weeks.com. Consultado o 2023-12-09.
- ↑ "1987 Smederevska Palanka Interzonal Tournament : World Chess Championship (women)". www.mark-weeks.com. Consultado o 2023-12-09.
- ↑ 6,0 6,1 "OlimpBase :: Women's Chess Olympiads :: Wu Mingqian". www.olimpbase.org. Consultado o 2023-12-09.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Wu Mingqian (FIDE)
- Wu Mingqian (Chessgames.com)
- Wu Mingqian (365chess.com)
- Wu Mingqian (OlimpBase.org)