Saltar ao contido

Wilt on High

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Wilt on High
Autor/aTom Sharpe
OrixeInglaterra
Linguainglés
Xénero(s)Novela
EditorialMartin Secker & Warburg Ltd
Data de pub.1 de outubro de 1984
FormatoTapa dura
Páxinas236
ISBN978043645811X
Precedido porThe Wilt Alternative (1979)
Seguido porWilt in Nowhere (2004)
editar datos en Wikidata ]

Wilt on High é unha novela en lingua inglesa do escritor inglés Tom Sharpe, publicada por vez primeira en 1984 por Martin Secker & Warburg Ltd . É o terceiro volume da saga comezada con Wilt en 1976.

Henry Wilt segue como profesor nun centro de formación profesional do sur de Inglaterra. Amais, para pagar a escola das súas catro fillas dá clase nun cárcere e nunha base militar dos Estados Unidos de América. Segue con problemas sexuais coa súa muller Eva, e esta para solucionalos subminístralle a escondidas unha droga para aumentar o apetito sexual de Wilt.

Logo da morte dunha alumna da escola por mor dunha sobredose de heroína, a policía quere implicalo nun caso de narcotráfico, ao entender que tiña relación co alumno de Wilt no cárcere. Wilt pasa varios días na súa casa con molestias no pene porque Eva lle dera demasiada dose da droga.

A policía pon micrófonos e radiolocalizadores no coche de Wilt, e ao ver que vai á base militar cren que a droga procede dos Estados Unidos. Doutra banda, na base militar detectan os radiolocalizadores no coche de Wilt e tómano por un espía ao servizo da Unión Soviética. É retido na base, e durante os interrogatorios ten unha grande erección por mor da droga.

Eva, sorprendida pola ausencia do seu marido, sae na súa procura. Xunto cunhas amigas organiza fronte á base militar unha manifestación contra a bomba atómica como escusa para crear disturbios, e logra introducirse na base. Finalmente todo se aclara e a familia regresa a casa.

Narración

[editar | editar a fonte]

Seguindo o estilo das dúas novelas anteriores, a obra está narrada en terceira persoa nun estilo cómico.