Wilt
| Wilt | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||||||
|
Instancia de
| |||||||||
|
Xénero
| |||||||||
|
Lingua
| |||||||||
| Autoría | |||||||||
|
Autor/a
| |||||||||
| Publicación | |||||||||
|
Editorial
| |||||||||
|
Parte da serie
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata | |||||||||
Wilt é unha novela en lingua inglesa do escritor inglés Tom Sharpe, publicada por vez primeira en 1976 por Secker and Warburg.
Trama
[editar | editar a fonte]Henry Wilt é un profesor de literatura nun centro de formación profesional do sur de Inglaterra. Ten baixa autoestima porque está infravalorado laboralmente, e non está contento coa súa relación de parella coa súa esposa Eva, poderosa fisicamente pero emocionalmente inmatura, e imaxina formas para matala. Logo dunha concatenación de sucesos, entre os cales está ficar enganchado a unha boneca inchable, comeza unha xornada delirante para o protagonista. Vive o caos e a humillación, pero logo de ser detido pola policía descobre as súas propias forzas e a súa dignidade, nunha loita dialéctica co tenaz inspector de policía Flint.
Narración
[editar | editar a fonte]A obra está narrada en terceira persoa nun estilo cómico.
Adaptacións
[editar | editar a fonte]Wilt foi levada ó cine en 1989 por Michael Tuchner.