Saltar ao contido

William Dembski

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWilliam Dembski

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xullo de 1960 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Illinois Chicago (pt) Traducir
Universidade de Chicago
Seminário Teológico de Princeton (pt) Traducir
Portsmouth Abbey School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de tesePatrick Billingsley (pt) Traducir e Leo Kadanoff (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmatemático, escritor, informático teórico, teólogo, filósofo Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webbilldembski.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1745037 BNE: XX1141206 Editar o valor en Wikidata

William Albert "Bill" Dembski, nado o 18 de xullo de 1960, é un matemático, filósofo e teólogo estadounidense, propoñente do deseño intelixente en oposición á teoría da evolución e a selección natural. É autor de varios libros sobre o deseño intelixente, teoloxía e matemática.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
William A. Dembski

Desde 1999 até 2005, estivo na universidade Baylor Baylor University, onde era obxecto de constante atención e onde mantivo variadas controversias.

Durante o ano académico 2005-06 foi, por pouco tempo, profesor de teoloxía e ciencia do Southern Baptist Theological Seminary en Louisville, Kentucky, e foi o primeiro director do novo Centro para a teoloxía e a ciencia desa universidade (agora ocupa o cargo o coñecido creacionista Kurt Wise).[1] A Southern Baptist Convention traballa nos dous seminarios.

O 1 de xuño de 2006 Dembski comezou o seu labor como profesor de investigación en filosofía no Southwestern Baptist Theological Seminary, en Fort Worth, Texas.

Dembski deu clases na Northwerstern University, na Universidade de Notre Dame na Universidade de Dallas, rematou o seu posdoutorado en matemática no MIT, en física na Universidade de Chicago e en ciencias da computación na de Princeton. Posúe ademais un Ph.D. en filosofía e un mestrado en divindade polo Seminario Teolóxico de Princeton [2].

Dembski escribiu máis de dez libros, nos que analiza a teoría da evolución e o argumento do deseño intelixente, realacionando probabilidades matemáticas, aleatoriedade e causas intelixentes, ademais doutros argumentos.

En función do crecente interese público polo tema do deseño intelixente, Dembski asumiu a condición informal de ser un dos portavoces sobre este asunto, alcanzando unha relativa popularidade pola súa participación en programas de radio e pola publicación de varios dos seus escritos[2].

De acordo con Dembski, o estudo científico da natureza revela evidencias de deseño, opoñéndose ao que entende que é un compromiso co materialismo "ateísta" ou naturalismo da ciencia, que pensa que descarta a priori o "deseño intelixente".

A súa principal proposta é que a complexidade especificada, un tipo de información, é a marca rexistrada dun deseñador intelixente.

Gran parte da comunidade científica rexeita as súas ideas, e moitas importantes organizacións científicas e de educación científica, incluíndo a National Academy of Sciences (Academia Nacional de Ciencias), a American Association for the Advancement of Science (Asociación Americana para o Progreso da Ciencia) e a National Science Teachers Association (Asociación Nacional de Profesores de Ciencias), rexeitan o deseño intelixente, declarando que non é ciencia, que non ten garantías científicas, polo que a consideran como pseudociencia; ademais, o seu traballo foi cualificado polo matemático David H. Wolpert como "escrito en xelatina". E o matemático, científico computacional e teórico dos números Jeffrey Shallit, ex-profesor de Dembski, presentou, nun testemuño escrito para un tribunal, un relatorio afirmando que o traballo de Dembski non debe ser tomado como significativo.

Véxase tamén: Deseño intelixente.

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  • Signs of Intelligence: Understanding Intelligent Design, William A. Dembski e James M. Kushiner, Brazos Press
  • Uncommon Dissent: Intellectuals Who Find Darwinism Unconvincing, William A. Dembski, ISI Books
  • The Design Inference: Eliminating Chance through Small Probabilities, Cambridge University Press
  • No Free Lunch, Rowman & Littlefield Publishers
  • Can Intelligent Design Be Detected in Biology? - Debate na UCLA (DVD) William A. Dembski e Niall Shanks.
  • The Design Revolution. Answering the toughest questions about Intelligent Design, InterVarsity Press, 2004.
  1. Creationist to will lead seminary science center Peter Smith. The Courier-Journal, April 17, 2006 (article available for a fee at The Courier-Journal archive)
  2. 2,0 2,1 "Biografa". Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2011. Consultado o 11 de marzo de 2011. 

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Edicións en castelán

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]