Complexidade especificada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A complexidade especificada é un argumento proposto por William Dembski e usado por el e por outros para promover o deseño intelixente.

Síntese[editar | editar a fonte]

De acordo con Dembski, o concepto ten a intención de formalizar a propiedade que salienta os padróns que son tanto específicos como complexos.

Dembski defende que a complexidade especificada é unha ferramenta confiábel para encontrar sinais de deseño realizado por un deseñador intelixente, un principio central do deseño intelixente que Dembski e outros creacionistas defenden en oposición á teoría da evolución moderna.

O concepto de complexidade especificada é zeralmente considerado matematicamente insalubre e até hoxe non foi utilizado como base para traballos independentes posteriores, sexa nas áreas da teoría da información, da teoría da complexidade, ou na bioloxía.[1][2][3]

A complexidade especificada é un dos dous principais argumentos utilizados polos defensores do deseño intelixente, sendo o outro a complexidade irredutíbel.

De acordo coa terminoloxía de Dembski, un padrón especificado é un que admite descricións curtas, e un padrón complexo é un que sexa moi improbábel de ocorrer. Dembski argumenta que é imposíbel que a complexidade especificada exista en padróns desenvolvidos por configuracións formadas só por procesos non guiados. Por tanto, afirma Dembski, o feito de que padróns de complexidade especificada poidan encontrarse nos seres vivos indica algín tipo de orientación na súa formación e, consecuentemente, unha indicación de intelixencia.

Dembski tamén argumenta que se pode demostrar rigorosamente, aplicando os teoremas "non existe almorzo gratis" a inhabilidade dos algoritmos evolutivos en seleccionar ou xerar configuracións de gran complexidade especificada.

Na literatura do deseño intelixente, un axente intelixente é un axente que escolle entre posibilidades diferentes e causa, por medios e métodos sobrenaturais, o xurdimento da vida.[4] A complexidade especificada é o que Dembski define como un "filtro explicativo" que pode recoñecer o deseño ao detectar informacións complexas especificadas (ICE). O filtro baséase na premisa de que as categorías de regularidade, acaso, e deseño, son, de acordo con Dembski, "mutuamente exclusivas e exahustivas". A información complexa especificada detecta o deseño porque detecta o que caracteriza unha actividade intelixente; detecta a realización dunha entre varias posibilidades competidoras.

Críticas[editar | editar a fonte]

Un estudo realizado por Wesley Elsberry e Jeffrey Shallit afirma que "o traballo de Dembski está cheo de inconsistencias, equivocacións, mal uso da matemática, débil cualidade académica, e interpretacións equivocadas dos resultados doutros".[5]

Outra obxección menciona os cálculos de probabilidade de Dembski. De acordo con Martin Nowak, profesor de matemática e bioloxía evolutiva da universidade de Harvard, "nós non podemos calcular a probabilidade do xurdimento do ollo. Nós non posuímos a información para facer os cálculos".[6]

Outros críticos tamén rexeitan a aplicación da complexidade especificada para inferir o deseño como un argumento da ignorancia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Information Theory and Creationism". www.talkorigins.org. Consultado o 2020-02-04. 
  2. Mark Perakh, (2005). Dembski "displaces Darwinism" mathematically -- or does he?
  3. Jason Rosenhouse, (2001). How Anti-Evolutionists Abuse Mathematics Arquivado 16 de maio de 2005 en Wayback Machine. The Mathematical Intelligencer, Vol. 23, No. 4, Fall 2001, pp. 3-8.
  4. "no intelligent agent who is strictly physical could have presided over the origin of the universe or the origin of life." - Dembski The Act of Creation: Bridging Transcendence and Immanence Arquivado 25 de xaneiro de 2007 en Wayback Machine. Dembski has also said that "intelligent design should be understood as the evidence that God has placed in nature to show that the physical world is the product of intelligence and not simply the result of mindless material forces" Why President Bush Got It Right about Intelligent Design Arquivado 14 de abril de 2011 en Wayback Machine. William A. Dembski DesignInference.com, August 4 2005. Dembski has also said that "Intelligent design is just the Logos theology of John's Gospel restated in the idiom of information theory." Signs of Intelligence A Primer on the Discernment of Intelligent Design. William A. Dembski. Touchstone Journal, Volume 12, Número 4, July/August 1999.
  5. Wesley Elsberry and Jeffrey Shallit, (2003). Information Theory, Evolutionary Computation, and Dembski’s “Complex Specified Information”
  6. Martin Nowak (2005). Time Magazine, 15 August 2005, page 32 Arquivado 13 de xuño de 2006 en Wayback Machine.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]