William D'Antonio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaWilliam D'Antonio

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de febreiro de 1926 Editar o valor em Wikidata (98 anos)
New Haven, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Yale Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsociólogo Editar o valor em Wikidata

William V. D'Antonio, nado en New Haven o 7 de febreiro de 1926, é un sociólogo estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou en Yale e Winsconsin, doutorándose en socioloxía e antropoloxía na Universidade Estatal de Míchigan, comezando a dar clases de socioloxía nesa universidade, pasando á de Notre Dame (1959-1971), pasando á Universidade de Connecticut entre 1971 e 1982 deixando as clases para asumir o posto de oficial executivo da American Sociological Association, onde se mantivo ata 1991. En 1993 incorporouse á Universidade Católica de América como profesor investigador adxunto. Foi tamén presidente da Sociedade para o Estudo Científico da Relixión (1978-1979), da Sociedade para a Socioloxía da Relixión (1993) e do Instituto Internacional de Socioloxía (1992-1993). Desde 1987 dirixe [1] unha serie de enquisas para o National Catholic Reporter para o coñecemento das actitudes dos católicos estadounidenses.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Power and Democracy in America (1961)
  • Religion, Revolution, and Reform, con Frederick Pike (1964)
  • Influentials in Two Border Cities: A Study in Community Decision-Making, con William H. Form (1965)
  • Sociology: Man in society, con Melvin en Louis DeFleur (manual de socioloxía, 1972)
  • Female and Male con Elaine C. Pierson (1974)
  • Families and Religions, con Joan Aldous (1983)
  • American Catholic Laity in a Changing Church con James D Davidson, Dean R Hoge e Ruth A Wallace(1989)
  • Laity: American and Catholic. Transforming the Churchcon James D. Davidson, Dean R Hoge e Ruth A Wallace (1989)
  • The Catholic Experience of Small Christian Communities con Bernard J Lee e Virgilio P Elizondo (2000)
  • American Catholics - Gender, Generation and Commitment con James D Davidson, Dean R Hoge, Katherine Meyer (2001)
  • American Catholics Today: New Realities of Their Faith and Their Church con Dean R Hoge, Mary Gautier e James Davidson(2007)
  • Voices of the Faithful: Loyal Catholics Striving for Change con Anthony Pogorelc (2007)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "New survey offers portrait of U.S. Catholics William D'Antonio". Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2012. Consultado o 04 de xuño de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]