Willaq Pirqa
Willaq Pirqa | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Willaq Pirqa |
Director | César Galindo |
Guión | César Galindo Augusto Cabada Gastón Vizcarra |
Intérpretes | Víctor Acurio Hermelinda Luján Melisa Álvarez Alder Yaurisaca |
Música | Karin Zielinski9 |
Fotografía | Juan Durán |
Estrea | 8 de decembro de 2022 |
Duración | 89 minutos |
Orixe | Perú |
Xénero | Comedia e drama |
Na rede | |
Willaq Pirqa é un filme peruano de 2022 en lingua quechua[1] dirixido por César Galindo e escrito por Galindo, Augusto Cabada e Gastón Vizcarra. Conta a historia de Sistu, un mozo de 13 anos que vive nunha comunidade en Cuzco, que descobre a maxia do cinema, mais a barreira da lingua impide que os habitantes poidan gozar cos filmes.[2]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Sistu e a súa pequena comunidade quechua dunha aldea nos Andes descobren a maxia do cinema. Este encontro causa rebumbio mais tamén os confronta coa súa cultura e salienta as limitacións da comunidade para entender e ler en castelán. Como solución, elixen a Sistu para que cada semana vaia á vila a ver un filme e llelo conte a todos na praza. Un día atopa a praza baleira, xa que o cinema marchou, afectando á ilusión de Sistu por contar a historia semanal á xente que o agarda. Por iso, decide facer o seu propio cinema, cos seus propios actores, coa súa propia cultura e sobre todo, na súa propia lingua.[3]
Personaxes
[editar | editar a fonte]Os actores que participaron neste filme son:[3]
- Víctor Acuario como Sistu
- Hermelinda Luján como Mamá Simona
- Melisa Álvarez como Lucicha
- Alder Yaurisaca como Florencio
- Cosme Flores como Rolín
- Bernando Rosado como proxeccionista
Estrea
[editar | editar a fonte]Willaq Pirqa estreouse na 26ª edición do Festival de Cinema de Lima en agosto de 2022. Estreouse nos cinemas do Perú o 8 de decembro de 2022.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ PERÚ, Empresa Peruana de Servicios Editoriales S. A. EDITORA. "Director de Willaq Pirqa: “Espero que mi película acerque más a los peruanos"". andina.pe (en castelán). Consultado o 2022-12-07.
- ↑ Lima, Redacción: Tvo (2022-11-09). "Película en Quechua “Willaq Pirqa, el cine de mi pueblo” se estrenará en diciembre". TVO LIMA (en castelán). Consultado o 2022-12-07.
- ↑ 3,0 3,1 cinencuentro (2022-08-17). "“Willaq pirqa, el cine de mi pueblo”: Entrevista al director César Galindo - Cine Peruano". Cinencuentro (en castelán). Consultado o 2022-12-07.
- ↑ PERÚ, Empresa Peruana de Servicios Editoriales S. A. EDITORA. ""Willaq Pirqa, el cine de mi pueblo" se estrenará en cines el 8 de diciembre". andina.pe (en castelán). Consultado o 2022-12-07.