Saltar ao contido

Wilaya (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Wilaya
 Título
ولاية Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Xénero
 Lingua orixinal
 Cor
Autoría
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Editor/a de cine
 Actores
Publicación
 Produtor/a
Datas
 Data de publicación
2011
2012 Editar o valor en Wikidata
Dimensión
Duración88 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Identificadores
ISAN0000-0003-2EA1-0000-L-0000-0000-B Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Redes
IMDB: tt2187195 Filmaffinity: 961142 Allocine: 191305 Rottentomatoes: m/wilaya_2012 Allmovie: v558680 TCM: 893657 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Wilaya (en árabe: ولاية)[1] é un filme español de 2011 dirixido por Pedro Pérez Rosado. O filme é un drama minimalista sobre unha familia refuxiada saharauí que se enfronta de súpeto á morte da nai e ao regreso da irmá máis nova, que vivira a maior parte da súa vida en España, o que reflicte o separación de moitas familias saharauís.

Fatimetu é unha nena saharauí que regresa para o enterro da súa nai nun campo de refuxiados saharauís logo de 16 anos vivindo en España. O seu irmán máis vello Jatri dille a Fatimetu que, na súa última vontade, a súa nai deixoulle tanto a jaima (tenda) da familia como a responsabilidade de coidar da súa irmá discapacitada, Hayat. Ela merca unha camioneta vella e atopa traballo transportando mercadorías entre os campamentos (wilayas), mais Fatimetu está dividida entre a vida no deserto e os recordos da súa familia de acollida española e os seus amigos.[2][3]

Personaxes

[editar | editar a fonte]
As actrices saharauís Aziza Brahim e Memona Mohamed, durante unha conferencia de prense na presentación de Wilaya, en Donostia, o 26 de abril de 2012.

O filme foi rodado completamente no campamento de refuxiados saharauís de Tinduf, en Alxeria.

  1. "Tears of Sand ǀ 2011 ǀ ADFF Archive". Sanad Film Fund. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2023. Consultado o 2019-11-07. 
  2. "Panorama - Wilaya". Berlinale.de. Consultado o 10 de agosto de 2012. 
  3. "Panorama Internacional- Wilaya". ficg.mx. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2012. Consultado o 10 de agosto de 2012.