Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Renomear usuarios/Arquivo 7

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un arquivo do Taboleiro dos administradores/Renomear usuarios

Nesta páxina atópanse os fíos de conversa tratados no Taboleiro dos administradores/Renomear usuarios que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema no Taboleiro.

< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7

Scott Martin → Scott[editar a fonte]

Sorry for writing in English!

Hello, I'm en:User:Scott. I would like to usurp Usuario:Scott (it has no edits) as part of unifying my SUL. Here is a confirmation edit on my home wiki. Thank you! Scott Martin (conversa) 16 de marzo de 2014 ás 00:01 (UTC)[responder]

For some reason, I was unable to perform this task. You should ask for help on Meta-Wiki. Sorry. --Toliño Fala aquí comigo 16 de marzo de 2014 ás 15:24 (UTC)[responder]
I've completed the rename. Did you get a specific error message when trying to usurp Scott? Ajraddatz (conversa) 17 de marzo de 2014 ás 15:38 (UTC)[responder]

POR FAVOR CAMBIEN O MEU NOME E POÑAN SÓ XESÚS MANUEL VALCÁRCEL[editar a fonte]

Prezados/as señores/as:

Desde hai anos, estou a ser perseguido como escritor e, unha das manifestacións desa reiterada persecución, consiste na modificación do meu nome artístico (XESÚS MANUEL VALCÁRCEL) por outras denominacións (Xesús López Valcárcel, Xesús Manuel López Valcárcel, Xesús M. López Valcárcel, Xosé Manuel Valcárcel, etc.), así como a terxiversación e adulteración dos datos referidos ás miñas obras.

A través da presente solicítolles que calquera mención á miña persoa ou autoría (especialmente en libros de texto) respecte o meu nome artístico, XESÚS MANUEL VALCÁRCEL, e tamén que se proceda a unha subsanación de erros, tanto no tocante ao nome, se estivese adulterado, como no tocante aos contidos erróneos.

Por razóns afectivas e familiares este é un asunto de extraordinaria importancia para min e, en consecuencia, pídolles que inclúan exclusivamente o meu nome artístico ( XESÚS MANUEL VALCÁRCEL ) en todas as súas bases de datos.

Quedo á súa disposición para achegarlles a documentacion necesaria para que comproben o meu nome real, desde hai moitos anos, e solucionar este asunto, de grande interese para min polas razóns supracitadas. Nun medio de comunicación coma o seu o dano que me ocasionan é enorme, porque moita xente tira a información da Galipedia e, o problema, multiplícase exponencialmente.

Atentamente,

Xesús Manuel Valcárcel —o anterior comentario sen asinar foi feito por 80.58.250.76 (conversacontribucións) 14 de maio de 2014 ás 12:14

Polo que se deduce desta ligazón o nome parece ser correcto e como nome do artigo xa se inclúe o nome artístico que é o nome máis coñecido. Engadín unha aclaración no artigo e espero que así quede mellor. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de maio de 2014 ás 00:52 (UTC)[responder]

O MEU NOME OFICIAL É XESÚS MANUEL VALCÁRCEL[editar a fonte]

Señor Elidardojm: Por fin teño a quen dirixirme, malia ser unha entidade virtual, xa se vai sabendo quen está detrás desta nova agresión. Comunícolle que o meu nome oficial (no DNI, pasaporte, contas, etc.) é XESÚS MANUEL VALCÁRCEL. Certamente, as ligazóns que vostede utiliza son correctas pero non responden ao meu nome oficial (oficial desde hai máis de vinte e cinco anos) e non unicamente o nome artístico. A súa obstinación, desprezando a miña oferta para mostrarlle a documentación que así o acredita parece indicar unha mala fe de fondo, pola súa parte, e o propósito (non é o único, este é un antigo problema para min que en varias ocasións se achegou aos tribunais de xustiza)de contrariar á miña familia nun asunto de especial gravidade e relevancia para nós.

Non asinei nunca (nunca, nunca, nunca)nin unha soa obra literaria (autoría que motiva o seu artigo) con outro nome que non fose XESÚS MANUEL VALCÁRCEL (ou o seu equivalente en castelán Jesús Manuel Valcárcel): vai decidir vostede como me chamo eu e como asino eu as miñas obras?

Confeso a miña ignorancia nestas tecnoloxías, ofrézolle de novo aclarar este asunto (DE VITAL IMPORTANCIA PARA A MIÑA FAMILIA) de forma pacífica e póñome á súa disposición para aclarar canto sexa preciso. Saúdos, XESÚS MANUEL VALCÁRCEL—o anterior comentario sen asinar foi feito por 80.58.250.76 (conversacontribucións) 16 de maio de 2014 ás 15:37‎

Xa está modificado... imaxino que era só a primeira liña na que aparecía o López na que estaba o erro non?--AMPERIO (conversa) 16 de maio de 2014 ás 16:12 (UTC)[responder]
O primeiro, sinto non ter contestado antes pero a falta de tempo non me deixou outra. Segundo, sinto o malentendido, non tiña ningunha intención de agredir nin cometer ningún acto incorrecto ó eliminar desta páxina datos moi persoais e sensibles dunha persoa, todo o contrario ó que pensa: eliminei eses datos para protexer a súa información persoal. Terceiro, tiven que desfacer a edición do usuario AMPERIO porque revisando a información da que dispoño, e que está debidamente referenciada no artigo, non se pode indicar outra cousa. Se alguén quere modificar o artigo terá que achegar as referencias oportunas pero penso que pouco se pode facer xa que segundo a GEG, Xesús Manuel Valcárcel (nome que é un alcume, referenciado en varios sitios) é irmán de Xulio López Valcárcel, e ademais na mesma GEG na ficha "LÓPEZ VALCÁRCEL, Xesús Manuel" aparece como autor de moitas das obras que aparecen no artigo de Xesús Manuel Valcárcel polo que se entende que ese é o seu nome real. Se este señor fixo os trámites legais para cambiar o seu nome e apelidos iso xa non o sei, non teño referencias diso, pero en todo caso iso sería un dato a maiores do artigo, a información que contén o artigo Xesús Manuel Valcárcel penso que é correcta e verificable. Sinto os problemas que isto lle poida causar pero non vexo a forma de cambiar a información que vostede indica, se outros administradores ven outra solución a este conflito que a comenten e entre todos podemos ver se hai forma de amañalo. Vou a enviar un correo electrónico ó enderezo da IP que fixo a anterior edición por se realmente é a súa dirección e por se quere engadir algunha información adicional. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de xuño de 2014 ás 19:20 (UTC)[responder]

UN BILLÓN DE GRAZAS A AMPERIO[editar a fonte]

Estimado/a señor/a AMPERIO: Para min é difícil comunicarme por este medio porque, en internet, só estou afeito a procurar información e ao correo elco. Secomasí, quero agradecerlle sincera e cordialmente que estimasen a miña reclamación solicitando poñer o meu nome oficial (XESÚS MANUEL VALCÁRCEL) porque, por razóns familiares que non son do caso, para nós é un asunto de extraordinaria importancia (como acontence en xeral coas cousas da familia).

Pode ver nesta ligazón ( http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/2014/05/13/letras-galegas-viven-romerias-caminatas-actos-culturales/0003_201405D13C79944.htm )que a información tiña un efecto multiplicador e precisamente por iso lle agradezo /agradecemos tanto a corrección do erro.

Quedo á súa disposición para mostrarlle a documentacion que considere oportuna e/ou xustificar sen ningún xénero de dúbidas a xustiza e solidez da reclamación presentada (para a miña familia un asunto de enorme relevancia).

Reciba os meus parabéns e gratitude polo estupendo labor que están a desenvolver a prol da cultura galega. Saúdos cordiais, XMV—o anterior comentario sen asinar foi feito por 88.4.56.75 (conversacontribucións) 17 de maio de 2014 ás 10:45‎