Wikipedia:Sobre Galicia/xuño 2009

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ramón Piñeiro López (Armea de Abaixo, Lama, Láncara, 31 de maio de 1915 - Santiago de Compostela, 27 de agosto de 1990) foi un escritor, filósofo, ensaísta e político galego, un dos principais artífices da reconstrución cultural galega na postguerra. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas do ano 2009.

Piñeiro vía utópica a formación dun partido galeguista na situación galega durante o franquismo. Se xa fora un partido minoritario cando as circunstancias eran favorables, e nin sequera conseguira manter a unidade interna, moitas menos posibilidades ía ter baixo a ditadura. Loitar nesta dirección parecíalle un fracaso seguro. Así foi xurdindo a idea da autodisolución do Partido Galeguista e, en 1950, a fundación da Editorial Galaxia.