Wikipedia:Sobre Galicia/agosto 2022

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benito Vicetto Pérez nado en Ferrol o 21 de maio de 1824 e finado na mesma cidade o 28 de maio de 1878, foi un escritor, xornalista e historiador galego. Prolífero autor literario en lingua castelá, na que cultivou a poesía, a novela, o teatro e o ensaio, escribiu tamén algúns poemas en lingua galega. Destacou como editor e colaborador de xornais de tendencia progresista, desde os que impulsou as ideas rexionalistas. Como historiador publicou unha exitosa Historia de Galicia en sete volumes que, malia a súa discutida fiabilidade histórica, avivou o interese polas propias raiceiras e a conciencia diferencial da sociedade galega do seu tempo.