Wikipedia:Sobre Galicia/Propostas/Xosé María Díaz Castro
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: aprobado
Período de votación: 23-1-2014 - 29-4-2014
SI: 6 — NON: 1 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: aprobado |
- Proposto por: . HombreDHojalata.conversa 23 de xaneiro de 2014 ás 20:46 (UTC) (Período de votación: dende o 23-01-2014 ata, polo menos, o 07-02-2014)[responder]
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: O que será o artigo máis visitado da Galipedia durante o ano. --. HombreDHojalata.conversa 23 de xaneiro de 2014 ás 20:46 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. Proposto para o mes de maio. --. HombreDHojalata.conversa 23 de xaneiro de 2014 ás 20:46 (UTC)[responder]
- Concordo --Atobar (conversa comigo) 20 de febreiro de 2014 ás 00:22 (UTC)[responder]
- Concordo -- Escaso é, mais se ten toda a información relevante, iso non debería ser un problema. --Norrin_strange (Fala-me) 5 de marzo de 2014 ás 15:08 (UTC)[responder]
- Concordo, pero só por que non daría tempo a propoñer outro artigo para o mes de maio.--AMPERIO (conversa) 23 de xaneiro de 2014 ás 21:10 (UTC)[responder]
- Concordo —o anterior comentario sen asinar foi feito por Pontevedra78 (conversa • contribucións) 25 de abril de 2014 ás 14:39
- Concordo --Elisardojm (conversa) 29 de abril de 2014 ás 11:43 (UTC)[responder]
- En contra
- Discordo. Independentemente do tema do holandés, para min está moi lonxe de ser un artigo de portada, e explico os motivos. Eu leo o artigo e me pregunto: se estivera proposto para artigo destacado en lugar de artigo destacado sobre Galiza o votaría? Non, pois logo creo que non debera apoiar que vaia á portada. Pode que o artigo sexa moi completo, e é de agradecer o traballo de todos os que traballaron nel para que no ano no que é homenaxeado polo día das letras galegas teña un artigo completo, mais se cadra, e dando por suposto que o artigo é completo, eu me plantexo se unha personalidade cuxa biografía sexa tan curta ten entidade abondo como para ser destacada na portada, e dende logo para min non a ten (terá unha certa importancia, non creo que lle adiquen o día das letras galegas a alguén que non a teña, pero non a suficiente como para ir á portada). Vendo os artigos destacados que estamos a poñer na portada eu penso: se en marzo se destaca un artigo como Nova Zelandia, ou ciencia, ou o Che Guevara, etc, a diferenza vai ser abismal entre o artigo destacado e o artigo destacado sobre Galiza, algo que para min dá mala imaxe, e a imaxe que damos é fundamental (chamádeme obsesionado pola imaxe, pero a imaxe nestes tempos é case todo), por eso propuxen a supresión do artigo destacado sobre Galiza da portada para destacar artigos en xeral (sobre Galiza e sobre o mundo indistintamente). Quero reiterar que valoro o traballo de todos os que participaron na mellora do artigo, tanto os que tiraron fotos como os que o redactaron e corrixiron , e pido desculpas se estes comentarios lles molestan, é importante ter artigos bos de personalidades que destacaron dalgún xeito no noso país, mais se cadra esta personalidade non tivo entidade suficiente como para ir á portada dunha enciclopedia en galego do nivel da nosa. Un saúdo, Piquito (conversa) 6 de marzo de 2014 ás 11:51 (UTC)[responder]
# Discordo. Volvín ler o artigo, e comparándoo con outros como os anteriores destacados de Redondela ou o de Manuel Quiroga Losada, ou mesmo cos outros artigos sobre autores homenaxeados para o Día das Letras Galegas como o de Roberto Vidal Bolaño ou Valentín Paz-Andrade, este artigo é curto de máis como para ir á portada. Iso si! Se se amplía podo volver a mudar o meu voto --AMPERIO (conversa) 6 de marzo de 2014 ás 23:17 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
- Comentario. O vexo escaso para a portada. Por outra banda, non me parece unha boa idea poñer noutros artigos unha obra concreta (para min discrimina ao resto). 14 liñas escasas para a vida dunha personalidade relevante me parece pouquísimo, máis aínda se como di HombreDHojalata vai ser o artigo máis visitado este ano (non sei se será así, pero de ser certo hai moito traballo por facer para amosar un nivel alto); que pasou despois de 1954? Casou e tivo os fillos e se acabou? Non fixo máis nada o resto da súa vida? Porque ahí remata a traxectoria. Outra cousa, o do holandés está ben para os telediarios (que non teñen moita idea), pero para unha enciclopedia deberamos poñer neerlandés (Holanda é unha rexión dos Países Baixos e non posúe lingua propia, ao contrario do que ocorre en Frisia, por exemplo). Piquito (conversa) 24 de xaneiro de 2014 ás 10:35 (UTC)[responder]
- Poñer unha obra discrimina ao resto?! Cantas obras dirías que ten publicadas Díaz Castro? --. HombreDHojalata.conversa 24 de xaneiro de 2014 ás 22:29 (UTC)[responder]
- Non sei cántas obras ten Díaz Castro, en xeral non me gusta destacar unha obra dunha persoa (se cadra só lle publicaron eso, non o sei). En tal caso ese é o menor dos problemas do artigo, non te quedes coa anécdota. Piquito (conversa) 24 de xaneiro de 2014 ás 22:49 (UTC)[responder]
- Poñer unha obra discrimina ao resto?! Cantas obras dirías que ten publicadas Díaz Castro? --. HombreDHojalata.conversa 24 de xaneiro de 2014 ás 22:29 (UTC)[responder]
- Ah... Daquela o do holandés é un problema maior ou é outra anécdota? --. HombreDHojalata.conversa 24 de xaneiro de 2014 ás 23:01 (UTC)[responder]
- O problema maior son as 14 liñas e a falta de información (todo acaba en 1954), o do holandés tómao como queras, para min é maior porque o neerlandés é a lingua de todo o estado, mentres que o holandés é unha variante dialectal do anterior (do mesmo xeito que o flamenco, mútuamente intelixible co neerlandés), creo que eso o convirte nun problema maior, alo menos para min. Piquito (conversa) 24 de xaneiro de 2014 ás 23:11 (UTC)[responder]
- Ah... Daquela o do holandés é un problema maior ou é outra anécdota? --. HombreDHojalata.conversa 24 de xaneiro de 2014 ás 23:01 (UTC)[responder]
┌────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────┘ holandés ... substantivo masculino. 3 Variedade do neerlandés que se fala en Holanda. Aprendeu holandés
O artigo afirma que XMDC estivo encargado de servizos de tradución de, entre outras linguas, o holandés. Poderías especificar cal é exactamente o problema? --. HombreDHojalata.conversa 25 de xaneiro de 2014 ás 09:58 (UTC)[responder]
- Creo que te estás a confundir Holanda e os Países Baixos. A persoa procedente dos Países Baixos é neerlandesa e fala neerlandés (en inglés "dutch"), na rexión de Holanda falan unha variante dialectal, o "holandés", que non é unha lingua, é como se eu digo que escribo en bergantiñán porque en Bergantiños se fale unha variedade de galego, aínda que sexa a mesma lingua (creo que con este exemplo se pode entender ben). Non son experto en linguas e sinceiramente non teño ganas de darlle máis voltas a este asunto, se non queda claro síntoo, pero mellor non o podo explicar. Piquito (conversa) 25 de xaneiro de 2014 ás 22:49 (UTC)[responder]