Wikipedia:Sobre Galicia/Propostas/Lingua galega
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Rexeitado.
Período de votación: 31/07/2011 - 30/08/2011
SI: 1 — NON: 1 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: rexeitado |
Lingua galega[editar a fonte]
- Proposto por: . HombreDHojalata.conversa 21:19, 31 de xullo de 2011 (UTC)
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo de certa extensión. Témolo dende o 2003. Centos de editores/edicións. Tema de portada moi axeitado para unha wikipedia en galego--. HombreDHojalata.conversa 21:19, 31 de xullo de 2011 (UTC)
- A favor
- Concordo. --. HombreDHojalata.conversa 21:19, 31 de xullo de 2011 (UTC)
- En contra
- Discordo. Non o vexo na portada. Sei que non fai falla explicar os votos (nin negativos nin positivos), mais vou tratar de facelo: se o comparamos con Historia da lingua galega, que xa foi de destacado, ao meu entender está claro que este aínda ten moito camiño por diante para chegar a tal distinción. É bastante simplón, ten seccións de pouco interese e outras non son tan amplas como deberían. Ademais, hai moita negriña que sobra e as imaxes non acaban de estar aqueladas como a min particularmente me gustaría. En fin, o devandito: non o vexo de destacado (sobre todo porque o tema é demasiado importante para destacalo tal e como está agora). --Atobar (conversa comigo) 21:35, 31 de xullo de 2011 (UTC)