Wikipedia:Sobre Galicia/Propostas/Curtis, Curtis
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Curtis, Curtis[editar a fonte]
Votación PECHADA: Aprobado
Período de votación: 11/7/2019 - 27/7/2019
SI: 5 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Aprobado |
- Proposto por: Breogan2008 (conversa) 11 de xullo de 2019 ás 11:32 (UTC) (Período de votación: dende o 11-07-2019 ata, polo menos, o 26-07-2019)[responder]
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Mesmos méritos que na proposta de artigo bo. Completo artigo sobre a parroquia de Curtis amplamente mellorado por One2 con información detallada de xeografía, historia, demografía e patrimonio. Ben ilustrado e referenciado. --Breogan2008 (conversa) 11 de xullo de 2019 ás 11:32 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --Breogan2008 (conversa) 11 de xullo de 2019 ás 11:32 (UTC)[responder]
- Concordo. --. HombreDHojalata.conversa 12 de xullo de 2019 ás 08:50 (UTC)[responder]
- Concordo. --Cossue (conversa) 12 de xullo de 2019 ás 19:29 (UTC)[responder]
- Concordo. --Chairego apc (conversa) 21 de xullo de 2019 ás 06:41 (UTC)[responder]
- Concordo. --One2 (conversa) 23 de xullo de 2019 ás 23:05 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Comentarios
Comentario A sección de "Outro patrimonio" está sobrecargada de imaxes, penso que como máximo habería que deixar unha xa que non é un elemento de tanta importancia como para ter unha galería propia. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de xullo de 2019 ás 12:26 (UTC)[responder]
- Comentario Evidentemente non concordo en absoluto, Elisardojm. O feito de que haxa poucos, e cada vez menos, si que o converten nun elemento importante. Ten ata saído na prensa ([1]). Duns 300 que hai en Galicia, son 5 nunha parroquia, o nivel administrativo máis baixo, polo que entendo que este é o seu sitio. Se houbese moitos e se quixesen catalogar todos, deberían ir nunha lista á parte. Mais neste caso só hai 5, que tampouco dan pra un artigo. One2 (conversa) 11 de xullo de 2019 ás 19:43 (UTC)[responder]
- Simplifiquei un chisco o formato desa sección, reducindo presencia de letra grosa, texto repetido, ligazóns internas repetidas, tamaño de imaxes ... mantendo o contido. Penso que agora quedou menos sobrecargada en xeral. --. HombreDHojalata.conversa 12 de xullo de 2019 ás 08:50 (UTC)[responder]
- HombreDHojalata agradezo os teus cambios pero sigo pensando que non son abondo, un fito quilométrico non é un elemento patrimonial de entidade abondo como para ter cinco fotos no artigo, mirade a ver cantos se detallan nos PXOM dos concellos, ou cantos son BIC... Para min está ben que se teñan en conta e se mencionen, e está ben que se poña unha foto dun deles, máis é darlle un tratamento excesivo. O resto de fotos poden poñerse perfectamente na galería de fotos do concello. Non se lle pode dar tanto protagonismo a un obxecto que realmente non a ten. Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de xullo de 2019 ás 09:06 (UTC)[responder]
- Simplifiquei un chisco o formato desa sección, reducindo presencia de letra grosa, texto repetido, ligazóns internas repetidas, tamaño de imaxes ... mantendo o contido. Penso que agora quedou menos sobrecargada en xeral. --. HombreDHojalata.conversa 12 de xullo de 2019 ás 08:50 (UTC)[responder]
Non tomo partido a favor ou en contra de incluír máis ou menos imaxes pero, como sabes, a catalogación e outros moitos aspectos relativos aos BICs é algo que a administración ten semiabandonado hai moitos anos, e o tema dos PXOMs daría para una conversa moi extensa. Hai cousas moi valiosas, merecentes de ter presenza na Wikipedia, que non están catalogadas como BIC,s. nin aparecen mencionadas en PXOM ningún. --. HombreDHojalata.conversa 12 de xullo de 2019 ás 09:20 (UTC)[responder]
- Tes razón niso HombreDHojalata, nos catálogos hai cousas valiosas que faltan, pero eses fitos non son un exemplo de cousas moi valiosas do patrimonio, son elementos do patrimonio, si, pero o seu valor é moi menor respecto a outros moitos elementos. Se tivesen unha relevancia especial por circunstancias históricas, arqueolóxicas ou eu que sei, que fixera precisamente a eses ser especiais, entón a cousa cambiaría, pero non é o caso, son só uns fitos máis dos centos que hai polas estradas adiante. Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de xullo de 2019 ás 10:44 (UTC)[responder]
Vale. En todo caso, cómpre lembrar que o que se está a votar aquí non é a excelencia. Votamos se poñemos un pequeno resumo na portada que apunte cara a el (ou non). E o artigo, sen dúbida, é axeitado para ir no mes de novembro, que é o primeiro oco libre (pola necesaria variedade nas temáticas da portada e polo contido do propio artigo). --. HombreDHojalata.conversa 12 de xullo de 2019 ás 10:54 (UTC)[responder]
- Xustamente por iso non voto en contra aquí, pero tampouco a favor porque penso que sería mellor que se amañara, que o decida a comunidade. Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de xullo de 2019 ás 11:02 (UTC)[responder]