Wikipedia:Proposta Véxase tamén
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo. Recupero un debate que quedou a medio desenvolver na Taberna e o poño nunha páxina propia considerando a súa utilidade e que de se chegar a algún consenso afectaría todos os artigos da Galipedia.
Proposta para a sección Véxase tamén
[editar a fonte]Quero propor unha nova estrutura para as seccións finais dos artigos nas que se recollen ligazóns e bibliografía: Chamaríase Véxase tamén, como actualmente, pero tería como sub-seccións as seguintes: Outros artigos, Ligazóns externas e Bibliografía. Deste xeito quedaria todo moito máis ordenado, convida a aportar bibliografía nos artigos (unha carencia actual) e diminúe o tamaño do índice que aparece na parte superior do artigo depois da introdución. --Xosé (✉) 22:23, 25 xuño 2007 (UTC)
- Concordo --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 23:03, 25 xuño 2007 (UTC)
- Concordo Moi boa idea. Pedro --Lameiro 23:09, 25 xuño 2007 (UTC)
- Concordo. --Prevertgl 11:07, 26 xuño 2007 (UTC)
- Concordo --☣Banjo tell me 11:59, 26 xuño 2007 (UTC)
- Concordo pero creo que só se gañaría en homoxeneidade non diminuíndo o tamaño do índice porque nel seguen a aparecer as subseccións. Outra cousa cal sería a orde xa que entendo que a bibliografía está en relación co artigo pero non ten que ter relación algunha con Outros artigos e Ligazóns externas polo que se o situaramos ao final podería dar lugar a engano no lector ou non? En conclusión concordo na necesidade de editar estes tres apartados dun mesmo xeito en todos os artigos pero de que xeito? Iso é o que non sei e xa andivera a xogar na orde que deberían ter e non me din decantado persoalmente por ningunha nos artigos de Mosteiros. Lansbricae (Ti dirás) 21:34, 26 xuño 2007 (UTC)
- Concordo --Calrosfking (FÁLAME) 11:13, 5 xullo 2007 (UTC)
- Concordo e mellor coas Ligazóns externas ao final. E pa mín as notas a pé de páxina (references/>)estarian antes de Véxase tamén , co mesmo rango .Isto pareceme un bo exemplo para tratar de alcanzar calidade.Polo que vexo nas outras wiki, a mayoria dos articulos andan un pouco desordenados Elvire 20:58, 13 agosto 2007 (UTC)
- Despois do comentario de Miguel.lima, abondo completamente en que se debe favorecer unha estrutura de lector, e a consecuencia cambio de opinion sobre as notas de pé de paxina. Concordo para polas ao remate completo.Elvire 10:49, 18 agosto 2007 (UTC)
- Comentario Nesta sección tamén se poden (deben) agrupar as referencias a outros proxectos (Commons, Galizionario,...). Apunto-o aqui porque haberá que incluir esta decisión na sección de axuda. --Xosé (✉) 10:19, 8 xullo 2007 (UTC)
- Comentario Hai un exemplo en Mosteiro de San Clodio creado por Lansbricae. --Xosé (✉) 10:21, 8 xullo 2007 (UTC)
- Comentario Na miña opinión Ligazóns externas debería estar no fondo para facilitar a revisión e o control do spam. Se está no medio complícase o mantemento. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:31, 9 xullo 2007 (UTC)
- Comentario Por certo, ¿como poñedes normalmente as notas a pé de páxina (references/>)? Como "Referencias" ou como "Notas" (teño visto as dúas en artigos)? E onde? Antes de Véxase tamén? despois? Miguel.lima 16:15, 4 agosto 2007 (UTC)
- Resposta a Miguel.lima: Ata agora usamos as dúas denominacións porque hai casos en que son aclaracións como "Notas" e noutros exclusivamente "Referencias", quizais debera ser "Notas e referencias" para abarcar ambolosdous conceptos. Polo de agora non se falou nada ao respecto. En canto á situación na miña opinión debe ir antes de Véxase tamén para non dificultar o traballo de mantemento entre outras razóns. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:08, 17 agosto 2007 (UTC)
- Sobre as notas, eu penso que debe ser a última parte do artigo. Eu entendoas como notas a pé de páxina que só son consultadas si tes dúbidas do orixe de unha afirmación, ou queres buscar na fonte orixinal para entender mellor esa parte, co cal debería estar un pouco "aparte", porque na maioría dos casos non se len. De feito, nas enciclopedias e libros de consulta tradicionais, chámanselle "Notas ao pé" porque están no pé da páxina, en pequeniño, como invitándoche a que iso non o leas si non estás buscando unha referencia concreta; incluso en moitos libros veñen todas xuntas ao final de todo, como un apéndice. E a única forma de facelo na wikipedia que se me ocurre, e poñelo ao final de todo, ademáis, si eu estou lendo un artigo, e chego ás notas a pé de páxina, dame a impresión de que xa rematei de velo, cando máis abaixo pode ter propostas interesantes en "Véxase tamén". É unha opinión. Tamén quería sinalar que acho que o criterio para organizar a estructura das páxinas debería estar máis enfocado no lector que no administrador, primandose a facilidade de lectura e coherencia, sobre a facilidade de administración. Saudos Miguel.lima 08:24, 18 agosto 2007 (UTC)
- Semella que a resposta que deixei non foi completa. A sección Véxase tamén inclúe: Outros artigos (unha sección que contén apenas unhas poucas ligazóns), a Bibliografía (en esencia non diferente das referencias, máis abaixo explicarei a diferenza) e Ligazóns externas (un material que como o propio nome indica é exterior ao wiki e polo tanto que debe estar máis abaixo para diferenciarse do resto do contido). Na parte final da páxina hai outros elementos a ter en conta como poden ser os modelos pero aínda non se comezou a homoxeneizar esa parte. Volvendo ás referencias citei o criterio de mantemento como o argumento máis claro non porque os artigos se enfoquen á administración e non se enfoquen aos lectores (non citei exemplos doutros wikis, aínda que foran na mesma liña, porque non me pareceu un argumento de peso). Ambolodous enfoques son complementarios. Precisamente do que se trata coas referencias é de fornercer as fontes para que os lectores poidan verificar que o se di no artigo é certo. Non é unha sección para ignorar ao contrario todo lector atento debería comprobar como mínimo algunhas desas referencias para documentar que o artigo é fiable. Personalmente, quitado de que as ligazóns externas vaian abaixo, verei ben calquera formato que se decida. Precisamente un formato común facilita moito o traballo de revisión. Quero aproveitar para salientar a importancia dese traballo de revisión para acadar un mínimo de calidade (un traballo que non se limita á administración). Se conseguimos facer que os procesos de revisión-administración sexan máis simples estamos beneficiando aos lectores. Por outra banda, como reflexión á parte, independente da mensaxe de Miguel.lima desde hai tempo pregúntome se estamos fomentando un tipo de lector "preguiceiro" que colle os materiais aquí publicados sen máis, sen un mínimo de esforzo de revisión e verificación por si mesmo. Na miña opinión iso sería o contrario do sentido deste proxecto e temos facer todo o posible para que non sexa así, pero xa digo é unha reflexión á parte. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:03, 18 agosto 2007 (UTC)
- Concordo Secundo a proposta.--Maañón 22:12, 30 agosto 2007 (UTC)
- Eu prefiro utilizar o termo NOTAS que Referencias. En poucas, case ningunha se usa o título de Referencias, creo que sempre foi Notas, de diversos tipo ao pe, anotacións marxinais, ao final do artigo, pero referencias creo que restrinxe o uso, cando esas referencias deben vir sustentadas por unha bibliografía. as notas non teñen ao meu entender como finalidade referenciar senón aclarar ou completar a información do texto do artigo. é dicir que prefiro o termo NOTAS polo seu uso tradicional e a súa flexibilidade de contidos fronte a REFERENCIAS que semella un concepto máis laboral, e que se está a usar co significado de PROBAS DE VERIFICABILIDADE. Lansbricae (Ti dirás) 08:08, 4 outubro 2007 (UTC)
Proposta
[editar a fonte]Despois de ler as reflexións anteriores avanzo unha proposta para comentar e, posteriormente, refrendar como modelo a recomendar (Wikipedia:Libro de estilo):
Notas Véxase tamén Bibliografía Outros artigos Ligazóns externas
--Xosé (✉) 10:48, 6 outubro 2007 (UTC)
- Debería ser Notas e Referencias ou algo así non? Así nesa sección irían tódalas notas e referencias do artigo marcadas coa etiqueta <ref>. As outras seccións parécenme as correctas, e nese orde ademáis -BaNjO (tell me) 11:00, 6 outubro 2007 (UTC)
- Eu tamén prefiro Notas e referencias. Deixei-no así pola opinión de Lansbricae, que ninguén comentou. Entendo notas como "en condicións normais de temperatura e presión" e referencias como "Ver o artigo "Volume" da Física elemental de Xan Cachafeiro".", pero podo entender tamén notas como todo xunto. --Xosé (✉) 11:13, 6 outubro 2007 (UTC)
- Concordo no de Notas e Referencias, e en todo o demais. Alberte 14:04, 6 outubro 2007
- Concordo con Notas e Referencias, é máis explicativo para o lector e o editor, e no resto lóxicamente. ;) Lansbricae (Ti dirás) 12:04, 6 outubro 2007 (UTC)
- Concordo coa proposta orixinal e Discordo coa modificación de Banjo e outros. Para min, o concepto "notas" inclúe comentarios adicionais a un concepto, explicación dunha palabra, fonte da que se tira un dato, etc. etc. Todo iso que vemos ó rodapé do texto en case calquera libro. E apostaría unha man (vosa) a que ninguén chama a iso "notas e referencias". Para min que esta fórmula só pretende contentar a todos, ós que prefirimos "notas" e ós que prefiren "referencias". Así que "notas" a palo seco e de acordo no demais. Pedro --Lameiro 12:26, 6 outubro 2007 (UTC)
- Concordo coa proposta orixinal e suscribo o razoamento de Lameiro. Alma 13:02, 6 outubro 2007 (UTC)
- Posta no Libro de estilo. --Xosé (✉) 22:04, 8 outubro 2007 (UTC)