Wikipedia:Marcador de artigos curtos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O marcador de artigos curtos da Wikipedia é unha ferramenta que permite engadir o modelo:Curto de máis nos artigos que o precisen, e ó mesmo tempo deixar un aviso ó usuario que creou o artigo, todo con só unha acción.

Activación[editar a fonte]

Para activar a ferramenta hai que dispor dunha conta e estar rexistrado. Nas preferencias de usuario, concretamente na sección Trebellos, detállanse tódalas ferramentas dispoñibles para os usuarios da Wikipedia. O marcador de artigos curtos atópase na sección Edición. Marcando a caixa xunto ó texto Activar o marcador de artigos curtos, activarás a ferramenta.

Para desactivar a ferramenta basta con desmarcar a caixa pertinente nas preferencias.

Como funciona?[editar a fonte]

Marcador de artigos curtos.

Así que se activa o trebello, aparecerá unha lapela nova titulada "a. curto" e se prememos nela inserirá automaticamente o modelo:Curto de máis, gardando a edición co resumo de edición axeitado, e despois, deixa un comentario de aviso ó creador do artigo indicándolle que o artigo que creou precisa ser ampliado, na mensaxe inclúese a ligazón ó artigo curto.

Código[editar a fonte]

O código da ferramenta atópase en:

Autor[editar a fonte]

O autor do script é o usuario DannyS712 da Wikipedia en inglés.