Wikipedia:Imaxes para borrar/Ficheiro:Eonaviga.png

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ficheiro:Eonaviga.png[editar a fonte]

A imaxe pretende ser unha bandeira da comarca do Eo-Navia, pero o seu deseño non está referenciado (existe ou existiu esta bandeira?) nin tampouco o seu uso (alguén a usou algunha vez en referencia a ese territorio?). Propoño o seu borrado. --Xabier Cid Conversa 07:15, 29 setembro 2009 (UTC)

  • Borrar --Xabier Cid Conversa 07:15, 29 setembro 2009 (UTC)
  • Comentario Se non se achega ningunha referencia votarei para borrar. Vou agardar un par de días por se o usuario que cargou a imaxe dá unha referencia. --Alberte Si, dígame? 11:51, 29 setembro 2009 (UTC)
  • Borrar, semella que o que se pretende é facerlle propaganda a unha web que vende esta suposta/presunta bandeira da Terra Eo Navia, baseada en dúas bandeiras de Castropol, segundo explican na súa web, non a poño aquí por non lle facer propaganda .--RNC 13:34, 29 setembro 2009 (UTC)
  • Borrar Cómpre engadir as referencias dende o primeiro momento, e así habemos de evitr ter que estar detrás reclamándoas e agardando por elas. Amais, se en efecto hai referencias, sempre pode subir a imaxe novamente o editor nun futuro. --Atobar (conversa comigo) 14:05, 29 setembro 2009 (UTC)
  • Borrar. Non cumpre os requisitos para se manter na Wikipedia, as refrencias achegadas a posteirori non acreditan que a imaxe sexa válida. --Prevertgl 14:32, 29 setembro 2009 (UTC)
  • Borrar.-- Lmbuga / Conversa comigo  20:01, 29 setembro 2009 (UTC)
  • Borrar ElviraConversa comigo 17:15, 1 outubro 2009 (UTC)