Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Pachelbel's Canon - Mus.MS 16481-8 Page 1.jpg
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Ficheiro:Pachelbel's Canon - Mus.MS 16481-8 Page 1.jpg[editar a fonte]
Votación PECHADA: aprobada
Período de votación: 15/9/2016 - 30/9/2016
SI: 6 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: aprobada |
- Proposto por: ☣Banjo tell me 15 de setembro de 2016 ás 17:19 (UTC) (Período de votación: dende o 15-09-2016 ata, polo menos, o 30-09-2016)[responder]
- Información: Cargada por:
- DESCRICIÓN: Manuscrito e interpretación do Canon de Pachelbel. Vexa o artigo Música barroca. --☣Banjo tell me 15 de setembro de 2016 ás 17:19 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --☣Banjo tell me 15 de setembro de 2016 ás 17:19 (UTC)[responder]
- Concordo. Paréceme moi interesante a combinación da imaxe de 1680 co son. --. HombreDHojalata.conversa 15 de setembro de 2016 ás 21:40 (UTC)[responder]
- Concordo--Elisardojm (conversa) 15 de setembro de 2016 ás 22:33 (UTC)[responder]
- Concordo --Chairego apc (conversa) 16 de setembro de 2016 ás 20:58 (UTC)[responder]
- Concordo. --Breogan2008 (conversa) 19 de setembro de 2016 ás 14:47 (UTC)[responder]
- Concordo. Aínda que o audio non me convence de todo, é mellor que o que había. Agradecerlle a Banjo o traballo para sacar adiante a proposta. Un saúdo, Piquito (conversa) 25 de setembro de 2016 ás 18:13 (UTC)[responder]
- En contra
# Discordo, pero de solucionarse algunhas cousas podo mudar o voto:
- Primeiramente, a partitura non se corresponde coa interpretación, isto é, o canon é orixinal para 3 violíns e continuo (agrupación variable) e o que soa é un piano só, coas limitacións que ten para unha obra así. Creo que se poñemos unha partitura de orquestra, por exemplo, non debemos acompañala dun audio dunha redución para piano, sempre que a obra sexa dun conxunto (orquestra, ensemble de cámara, coro...) debería buscarse unha interpretación dun conxunto, xa que dese xeito apréciase realmente a obra (Glenn Gould tocaba reducións de óperas de Wagner co piano, e o facía incrible por suposto, pero non é o mesmo que unha orquestra, faltan tímbricas, toda a orquestración, mesmo voces...).
- A melodía do audio non se corresponde coa partitura que se amosa. Véxase que o baixo na partitura comeza cunha única liña e no audio comeza a liña de baixo orixinal con arpexios.
- O audio que se presenta non ten estrutura de canon, e dende logo non é fiel á partitura de Pachelbel. O que se escoita é unha melodía próxima ao Canon de Pachelbel, mais con numerosas licenzas, e que na súa estrutura correspóndese máis cunha melodía acompañada que cunha forma imitativa como o canon.
- Creo que non é moi enciclopédico poñer unha imaxe, unha obra e un audio que non se corresponden. A obra é moi coñecida e calquera pode decatarse do erro, o que non creo que deixara en moi bo lugar á Galipedia. Para min é especialmente grave o feito de que non se escoite a estrutura imitativa, que é a esencia desta forma musical. As opcións son varias: por unha parte pode deixarse só a imaxe (que non estaría mal aínda que haxa imaxes de manuscritos moito máis interesantes (e estéticas) que esta, procurar un audio libre dun ensemble e non dun solista (non ten por que ser nin 3 violín e violonchelo, no barroco tocábase a música cos instrumentos dos que se dispuña, pero si buscar algo que non sexa dun solista), e a menos desexable, rexeitar a candidatura. A idea é boa (eu persoalmente non sabía que se podía facer e oxalá soubera como facer unha proposta así), pero creo que a selección de imaxe/son non é a axeitada, ocórrenseme varios exemplos que poderían encaixar e con música menos coñecida para moita xente, así que se Banjo quere podo darlle algunha idea de imaxes que vaian ben con audios de música clásica e que sexan menos coñecidos. Non adoito pedir a ninguén que mude o seu voto, pero neste caso si que pediría a HombreDHojalata, Elisardojm, Chairego apc e Breogan2008 que reconsideren a súa postura á hora de votar a imaxe co audio, xa que non hai correspondencia entre ambas e pode causar mala imaxe para a Galipedia. Grazas pola orixinal proposta! Saúdos! Piquito (conversa) 19 de setembro de 2016 ás 16:23 (UTC)[responder]
- Grazas pola información Piquito, eu vendo a información que achegas si que reconsidero o meu voto porque non tiña nin idea do tema e penso que habería que axeitar mellor a música á imaxe. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de setembro de 2016 ás 20:15 (UTC)[responder]
- Eu tamén cambio o voto polos cambios realizados. Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de setembro de 2016 ás 21:02 (UTC)[responder]
- Grazas pola información Piquito, eu vendo a información que achegas si que reconsidero o meu voto porque non tiña nin idea do tema e penso que habería que axeitar mellor a música á imaxe. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de setembro de 2016 ás 20:15 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
- Modifiquei o ficheiro de audio proposto. ☣Banjo tell me 21 de setembro de 2016 ás 22:27 (UTC)[responder]