Wikipedia:Efemérides destacadas/15 de agosto
Aparencia
- 1769, nace Napoleón Bonaparte (na imaxe), emperador francés.
- 1887, nace Antón Alonso Ríos, político e escritor galego.
- 1914, realízase a apertura oficial do Canal do Panamá.
- 1950, un terremoto de 8,6 na escala de Richter destrúe 2.000 casas, templos e mesquitas no Tíbet e na India. A zona máis afectada foi a cunca Brahmaputra no nordeste da India. Polo menos 1.500 persoas morreron.
- 1977, The Big Ear, un radiotelescopio operado pola Ohio State University, como parte do proxecto SETI, recibe un sinal de radio do espazo profundo. O suceso coñécese como o sinal-Wow.
- 2005, Iníciase a VIII edición do Salón do cómic da Coruña.