Wikipedia:Curso de edición do Centro de Documentación e Recursos Feministas 2021

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En 2021 o Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo vai levar a cabo varios cursos de edición na Wikipedia. Os cursos, que requiren inscrición previa, fanse a través dunha plataforma virtual.

Características[editar a fonte]

Trátase de cursos de edición para dotar as mulleres de recursos que as animen a colaborar regularmente na Wikipedia. Cando os cursos rematen terán adquiridos os coñecementos suficientes para a editar, podendo contribuír a reducir o nesgo de xénero na Wikipedia.

O método de traballo será eminentemente práctico. Ao longo das sesións iranse explicando novos contidos, que as participantes practicarán na súas páxinas, e ao remate, cada participante engadirá un novo artigo á Wikipedia.

Os contidos a tratar serán: páxina de usuaria e subpáxinas, ligazóns, fontes e citas, fotos e Commons, traducións, conversas, wikidata...

Este curso desenvólvese dentro do Espazo de traballo Wikimulleres

Participantes[editar a fonte]

Curso de edición en Wikipedia I (febreiro e marzo- 5 sesións):

Curso de edición en Wikipedia II (maio- 3 sesións):

Recursos[editar a fonte]

Sobre contidos traballados[editar a fonte]

Outros[editar a fonte]

Artigos comentados[editar a fonte]

Artigos que necesitan revisión[editar a fonte]

  • Wassily Kandinsky - Ver marcador: Este artigo precisa máis fontes ou referencias
  • Ama de casa - Ver marcador: Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais

Ligazóns externas[editar a fonte]