Usuaria:CoroRP/Espazo Wikimulleres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Espazo de Traballo Permanente Wikimulleres[editar | editar a fonte]

O Espazo de Traballo Permanente Wikimulleres está organizado polo Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo (CDRF) para editar contidos na Enciclopedia tendo en conta a perspectiva de xénero e tentar reducir o nesgo de xénero na Wikipedia. Comezou a funcionar o 26 de febreiro de 2019, iniciándose cun Obradoiro impartido por Montserrat Boix.[1]

Este espazo está aberto a todas as persoas interesadas e conta co apoio técnico do CDRF.

Obxectivos[editar | editar a fonte]

  • Reducir o nesgo de xénero na Wikipedia
  • Formar mulleres na edición de Wikipedia
  • Aumentar o número de mulleres editoras
  • Aumentar o número de contidos editados con perspectiva de xénero

Actuacións[editar | editar a fonte]

I Obradoiro de iniciación á edición en Wikipedia, 2019

Este proxecto consta de varias actuacións:[2]

  • Xuntanzas de traballo semanais
  • Obradoiros de edición
  • Editatonas temáticas

Actividades desenvolvidas[editar | editar a fonte]

  • Xuntanzas de traballo semanais[2]
  • 26/2/2019: I Obradoiro de iniciación á edición en Wikipedia[1]
  • 9/05/2019: II Obradoiro de iniciación á Wikipedia: edición en Galipedia
  • 2021: Cursos de edición en Wikipedia

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Vigo, Faro de. "Un curso enseña a mujeres a editar e incluir contenidos en Wikipedia y Galipedia". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2019-03-15. 
  2. 2,0 2,1 "Xornal Vigo: Obradoiro de edición en Wikipedia". xornal.vigo.org. Consultado o 2019-03-15.