Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Muralla de Lugo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Muralla de Lugo[editar a fonte]
Votación PECHADA: rexeitado
Período de votación: 13-1-2014 - 15-2-2014
SI: 4 — NON: 2 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: rexeitado |
- Proposto por: AMPERIO (conversa) 13 de xaneiro de 2014 ás 18:50 (UTC) (Período de votación: dende o 13-01-2014 ata o 12-02-2014)[responder]
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: É un artigo moi completo sobre o monumento--AMPERIO (conversa) 13 de xaneiro de 2014 ás 18:50 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --AMPERIO (conversa) 13 de xaneiro de 2014 ás 18:50 (UTC)[responder]
- Concordo. Woden (eh ho?!) 21 de xaneiro de 2014 ás 11:59 (UTC)[responder]
- Concordo. --Tommyhilfiger (conversa) 23 de xaneiro de 2014 ás 19:45 (UTC)[responder]
- Concordo. Tivo algunhas milloras, e sempre poderemos amplialo nun futuro. Pontevedra78|Conversa 24 de xaneiro de 2014 ás 14:22 (UTC)[responder]
- En contra
- Discordo. Desde o meu punto de vista un artigo de calidade non pode ter tan poucas referencias.--Sernostri (conversa) 25 de xaneiro de 2014 ás 12:50 (UTC)[responder]
- Discordo. Referencias insuficientes. Sen bibliografía. --. HombreDHojalata.conversa 26 de xaneiro de 2014 ás 12:26 (UTC)[responder]
- Neutros
- Agardar
- Agardar.
Se ben, como apunta AMPERIO, é un artigo moi completo, non ten ningunha referencia, algo que tratándose dun artigo desa extensión, debería ter. Mentres non se resolva iso, eu opto por agardar. --Pontevedra78 Conversa 14 de xaneiro de 2014 ás 22:07 (UTC)[responder]
- Comentarios
- Comentario Referencias si que ten (aínda que poucas) como se pode observar Muralla de Lugo --AMPERIO (conversa) 17 de xaneiro de 2014 ás 16:50 (UTC)[responder]
- Certo, non o mirei ben. Pontevedra78|Conversa 18 de xaneiro de 2014 ás 18:25 (UTC)[responder]
- Comentario. Dende o meu punto de vista ten moi poucas referencias, e hai frases como "sendo unha das fortificacións máis grandes do seu tempo", entre outras, que deben estar referenciadas; hai unha sección de "bibliografía" que está valeira, se fora outro artigo non tería por qué pasar nada, mais sobre este monumento estou seguro que hai bibliografía; hai unha imaxe que leva por pé "Porta do Campo Castelo", mais non aparece ningunha porta con ese nome nin no plano nin na descrición de cada porta, polo que se debera poñer co nome que leva nos outros casos para non dar lugar a confusión. A sección de "historia" para min é curta de máis, debería incluírse información máis aló da apariencia da muralla en época romana: datos sobre cándo se foron abrindo as distintas portas, cántas portas había inicialmente, algunha referencia á Lucus romana (que había dentro das murallas? Para min falar da muralla supón falar algo da cidade romana), algo haberá tamén que dicir da muralla na Idade Media, o camiño para ser declarada Patrimonio da Humanidade (falar por exemplo das iniciativas que se fixeron), posibles remodelacións (se as houbo, non o sei), e cousas así, que a muralla é vella abondo como para escribir máis de 11 liñas. De momento é o que vexo (algunhas cousas se poden tomar da ficha das murallas no sitio da UNESCO, e poden ser un bo punto de partida para ampliar a historia), se se me ocorre algo máis xa o exporei, tentarei facer algo se teño tempo, aínda que seguramente haxa algún usuario de Lugo que teña acceso a máis información. Un saúdo, Piquito (conversa) 17 de xaneiro de 2014 ás 18:28 (UTC)[responder]
- Comentario As datas de apertura das portas aparecen na sección Portas, onde aparecen tamén os motivos polos que foron abertas e por quén. --AMPERIO (conversa) 24 de xaneiro de 2014 ás 14:47 (UTC)[responder]
- Comentario. Arranxei o erro da Porta de Campo Castelo. Respecto á historia da Muralla e as súas portas coido que está ben descrita nos apartados referentes a cada unha. É certo que se podería mellorar a entrada coas propostas que indicas (como calquera outro artigo) pero coido que non impiden que sexa, tal e como está, considerado "artigo de calidade". Woden (eh ho?!) 21 de xaneiro de 2014 ás 12:16 (UTC)[responder]
- Comentario Engadín unha bibliografía cos libros que atopei sobre a Muralla. Tamén algunhas referencias (a maioría de Lugoturismo.com, posto que é onde ven máis información sobre a muralla)--AMPERIO (conversa) 6 de febreiro de 2014 ás 16:53 (UTC)[responder]