Wikipedia:Artigo destacado/xuño 2010

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hicham El Guerrouj (Árabe: هشام الكروج) nado o 14 de setembro de 1974 en Berkane, Marrocos, é un atleta mediofondista xa retirado. Posúe o récord dos 1500 metros (3:26.00), da milla (3:43.13) e dos 2.000 metros (4:44.79), e foi alcumado no seu momento coma o Rei da Milla. Anunciou a súa retirada o 22 de maio de 2006, logo de que un virus primeiro e máis tarde unha lesión nas costas o tivesen practicamente apartado das pistas durante dous anos.