Wikipedia:Artigo destacado/marzo 2012

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Islandia (en islandés: Ísland) é un país insular situado sobre o Dorsal Medio Atlántico, e xeralmente englobada en Europa. A illa está bañada polo océano Atlántico ao sur e oeste e polo mar de Noruega ao norte e ao leste. Os territorios máis próximos son Groenlandia ao noroeste, da cal está separada polo estreito de Dinamarca, as Illas Feroe ao sueste e, bastante máis lonxe, a illa norueguesa de Jan Mayen ao nordeste.

Debido á súa localización na Dorsal mesoatlántica, Islandia é unha illa xeoloxicamente activa e con moita actividade volcánica; esta localización é a causante da paisaxe característica islandesa. A paisaxe do interior da illa caracterízase pola presenza de grandes chairas, montañas e glaciares. Grazas á Corrente do Golfo, Islandia posúe un clima temperado comparado co clima que lle correspondería para a súa latitude, grazas ó cal pode desenvolverse a vida na illa.