Placa base

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Placa base ATX.

A placa base (en inglés motherboard ou mainboard) é un unha placa de circuíto impreso que conecta os diferentes elementos que contén e que é o compoñente principal do ordenador, sobre ela van conectados a maioría dos dispositivos do ordenador e das súas características derívanse as prestacións e o rendemento do ordenador. Ás veces chámase tamén placa nai.
Aínda que as placa base poden ser de diferentes formas, tipos e tamaños a estrutura xeral e os elementos que a integran son semellantes nos diferentes modelos, entre os máis comúns están o microprocesador, a memoria RAM, a memoria caché, a BIOS, a batería, o reloxo, reguladores de voltaxe, conectores internos e externos e unha serie de chips ou circuítos integrados encargados de tarefas específicas.

Deseñase basicamente para realizar tarefas específicas vitais para o funcionamento da computadora, como por exemplo as de:

  • Conexión física.
  • Administración, control e distribución de enerxía eléctrica.
  • Comunicación de datos.
  • Temporización.
  • Sincronismo.
  • Control e monitoreo.

Para que a placa base cumpra co seu cometido, leva instalado un software moi básico denominado BIOS.

Modelos principais[editar | editar a fonte]

  • PC/XT - foi a placa base creada por IBM para o primeiro ordenador persoal, o IBM-PC
  • AT - foi a primeira placa base en conseguir ampla aceptación, moi usada durante a era dos 386
  • Baby AT - desenvolvida por IBM como sucesora da AT, da que se diferenciaba polo seu menor tamaño.(8.5" × 10"–13" ó 216 mm × 254–330 mm)
  • ATX - actualmente a máis popular.(Intel 1996; 12" × 9.6" ó 305 mm × 244 mm)
  • XT (8.5 × 11" ó 216 × 279 mm)
  • AT (12 × 11"–13" ó 305 × 279–330 mm)
  • EATX (12" × 13" ó 305mm × 330 mm)
  • Mini-ATX (11.2" × 8.2" ó 284 mm × 208 mm)
  • microATX (1996; 9.6" × 9.6" ó 244 mm × 244 mm)
  • LPX (9" × 11"–13" ó 229 mm × 279–330 mm)
  • Mini-LPX (8"–9" × 10"–11" ó 203–229 mm × 254–279 mm)
  • NLX (Intel 1999; 8"–9" × 10"-13.6" ó 203–229 mm × 254–345 mm)
  • FlexATX (Intel 1999; 9.6" × 9.6" ó 244 × 244 mm max.)
  • Mini-ITX (VIA Technologies 2003; 6.7" × 6.7" ó 170 mm × 170 mm max.; 100W max.)
  • Nano-ITX (VIA Technologies 2004; 120 mm × 120 mm max.)
  • BTX (Intel 2004; 12.8" × 10.5" ó 325 mm × 267 mm max.)
  • MicroBTX (Intel 2004; 10.4" × 10.5" ó 264 mm × 267 mm max.)
  • PicoBTX (Intel 2004; 8.0" × 10.5" ó 203 mm × 267 mm max.)
  • WTX (Intel 1998; 14" × 16.75" ó 355.6 mm × 425.4 mm)
  • ETX e PC/104, utilizados en sistemas embebidos.