Whirimako Black

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaWhirimako Black
Biografía
Nacementodécada de 1960 Editar o valor em Wikidata (49/59 anos)
Nova Zelandia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeNova Zelandia Editar o valor em Wikidata
EducaciónSt Joseph's Māori Girls' College Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , compositora de cancións Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2000 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoWorld music Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm2369949 Musicbrainz: 9852025e-8c13-4122-9109-899284c9cd13 Discogs: 1026027 Editar o valor em Wikidata

Whirimako Black, nada en Whakatāne[1] en 1961, é unha actriz e cantante maorí.[1] Black leva unha tatuaxe feminina maorí na súa cara, un tā moko, que é un símbolo cultural de orgullo e beleza.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Black canta principalmente en lingua maorí,[1] emprega formas musicais tradicionais maorís e colabora con instrumentos tradicionais taonga pūoro. En 1991, formou o grupo de música feminino Tuahine Whakairo mais abandonouno en 1993 para comezar unha carreira en solitario. Entre as súas composicións están os títulos da serie de Television New Zealand The New Zealand Wars, así como a composición, xunto con Hori Tait, da música inicial do programa de novas maorí Te Karere.

No New Year Honours de 2006, Black foi nomeada membro da Orde do Mérito de Nova Zelandia polas súas achegas á música maorí.[2]

Black fixo o seu debut como actriz no filme de 2013 White Lies. Pola súa interpretación, foi nomeada na categoría de mellor actriz nos Premios Asia Pacific Screen.[3]

Discografía[editar | editar a fonte]

  • 2000: Hinepukohurangi: Shrouded in the Mist
  • 2003: Hohou Te Rongo: Cultivate Peace
  • 2004: Tangihaku
  • 2005: Kura Huna
  • 2006: Soul Sessions
  • 2007: Whirimako Black Sings

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Kara, Scott (17 de setembro de 2006). New Zealand, ed. "Soul daughter of Tuhoe". Consultado o 1 de xullo de 2009. 
  2. Department of the Prime Minister and Cabinet, ed. (31 de decembro de 2005). "New Year honours list 2006". Consultado o 9 de xuño de 2019. 
  3. Asia Pacific Screen Awards (ed.). "Nominees & Winners Archive: Whirimako Black". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2013. Consultado o 20 de decembro de 2013.