Welliton Soares de Morais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Welliton
Welliton 6.jpg
Información persoal
Nome completo Welliton Soares de Morais
Nacemento 22 de outubro de 1986 (32 anos)
Lugar Conceição do Araguaia, Flag of Brazil.svg Brasil
Altura 1,75 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Celta de Vigo
Número 25
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2005–2007 Goiás EC 41 (16)
2006Ituano FC (cedido) 32 (10)
2007- Spartak de Moscova 133 (81)
2013Grêmio (cedido) 4 (0)
2013–2014São Paulo FC (cedido) 15 (3)
2014Celta de Vigo (cedido)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Welliton Soares de Morais, nado o 22 de outubro de 1986 en Conceição do Araguaia é un futbolista brasileiro que xoga na demarcación de dianteiro centro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar no Goiás EC brasileiro onde militou ata que no ano 2007 fichou polo Spartak de Moscova ruso, salvo unha breve cesión no ano 2006 ao Ituano FC.

No equipo ruso comezou a moi bo nivel sendo o máximo anotador da Primeira División rusa nos anos 2009 e 2010. Estas boas actuacións valeronlle espertar o interese de equipos europeos coma o Arsenal FC, FC Porto ou Liverpool, porén o Spartak non o traspasou. Co tempo foi perdendo peso no equipo encadenando cesións a Grêmio[1], São Paulo FC[2] e finalmente ao Celta de Vigo a comezos do ano 2014[3].

Coa selección[editar | editar a fonte]

Nunca foi convocado coa Selección de fútbol do Brasil, mostrando o seu interese en defender a camiseta da Selección de fútbol de Rusia[4].

Palmarés[editar | editar a fonte]

Co Goiás EC:

  • Campión do Estado de Goiás (1): 2006.

Co Spartak de Moscova:

  • Máximo anotador da Premier League de Rusia (2): 2009 (21 goles) e 2010 (19 goles).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://en.rsport.ru/football/20130206/643706786.html
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2014. Consultado o 04 de febreiro de 2014. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2014. Consultado o 04 de febreiro de 2014. 
  4. http://www.goal.com/en/news/553/russia/2009/12/01/1658756/spartak-moscows-brazilian-striker-welliton-eager-to

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]