Wasashatta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Wasashatta
Nacementoséculo XII a. C.
Falecementoséculo XII a. C.
Ocupaciónmonarca e político
editar datos en Wikidata ]

Wasashatta foi rei de Mitanni, fillo e sucesor de Shattuara I.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Reinaba sobre o -1290. Sublevouse contra Asiria e pediu a axuda hitita, pero os hititas tiñan pendentes asuntos internos e non lle proporcionaron ningún auxilio e limitáronse a recibiren a cantidade que o rei ofrecía pola axuda (como fai constar Adadnirari de Asiria nunha inscrición).

Os asirios conquistaron a capital real, establecida en Taidu, e despois Washukanni, Amasakku, Kahat, Shuru, Nabula, Hurra e Shuduhu. Finalmente conquistaron Irridu que foi tomada, destruída e cuberta de sal; a muller, fillos e fillas do rei serían levados a Asur xunto co botín e outros prisioneiros. O rei seguramente puido escapar, xa que non se menciona a súa captura nas inscricións asirias, e os eruditos pensan que se converteu no gobernante dun pequeno estado hurrita formado cos restos de Mitanni, chamado Shubria (Subria), mentres que a parte principal de Mitanni, entre o Balikh e o Khabur, pasou a Asiria como un feudo baixo un rei designado polo rei de Asiria, cargo que correspondeu a Shattuara II, fillo ou sobriño de Wasahatta.