Artatama II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaArtatama II
Biografía
Nacementoséculo XIV a. C. Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XIV a. C. Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosShuttarna III Editar o valor em Wikidata

Artatama II ("o máis recto") foi rei de Mitanni.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era seguramente fillo de Artashumara e, despois do asasinato do seu pai, conseguiu a axuda da parte oriental do reino, onde unha revolta o había acabar proclamando rei.

Foi imposto como único rei por un exército hitita sobre o -1340, cando xa era moi vello e asociara ao goberno ao seu fillo Shuttarna III. O seu título no tratado cos hititas foi o de "rei dos hurritas" (os antecesores serían "reis de Mitanni", 'título reservado seguramente aos reis da parte occidental). A rexión de Washukanni foille entregada polos hititas.

Neste momento o país foi invadido polos asirios, aliados co reino de Alshe, pero o seu fillo Shuttarna III fixo un tratado con Asiria devolvendo os trofeos e aceptando pagar imposto.

O poder de Artatama non se debilitou coa retirada dos hititas ao cabo da campaña e vai plantar cara a Tushratta e aos seus fillos, que tiñan a axuda da parte occidental do reino. Tushratta morreu, o seu fillo máis vello de nome descoñecido foi derrotado, e o segundo fillo, o futuro Mattiwaza, tivo que fuxir a territorio babilonio e despois hitita, de onde volveu coa axuda hitita (e casado cunha filla de Suppiluliumas I e conquistou o poder (ver Mattiwaza). Artatama II crese que foi respectado ata a súa morte, que debeu ser pouco despois, seguramente en Taite, con 80 anos ou máis, debido a que era un antigo aliado hitita.