Saltar ao contido

WAS

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
WAS
Imaxe
 Instancia de
 Medio usado
Características
 Xénero artístico
Datas
 Fundación / creación
2002 Editar o valor en Wikidata
 Inicio de actividade
2002 Editar o valor en Wikidata
 Fin de actividade
2019 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
Localización
 Lugar de formación
Códigos e identificadores
VIAF169227195 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000469749650 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: nm3515921 BNE: XX5054281 Spotify: 4rHKnftV4bGiZZgdjj9MhK Musicbrainz: aafd72b5-7a6e-425e-bfb8-bfe916a80786 Songkick: 2118830 Discogs: 1453794 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

WAS[1] foron unha banda de punk-funk / dance-rock formada en Getxo (Biscaia) no ano 2002. A banda estaba composta por Deu Txakartegi, Jon Aguirrezabalaga, Javi Leta, D.W. Farringdon e Juan Escribano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Na orixe, a banda coñecíase polo nome de Standard, mais a partir do 2008 mudou de nome e pasou a se chamar We Are Standard, por mor da coincidencia do nome de Standard co dunha banda dos EUA, país onde acababa de saír o seu segundo disco, así como en moitos outros países europeos. Xa no 2016, coincidindo coa saída do seu disco Gau Ama, pasaron a chamarse simplemente WAS.

En 2004 We Are Standard (entón aínda Standard) gravaron un EP con tres cancións que foi titulado Golden Section. Presentaron este EP no ano 2005 ao concurso Proxecto Demo que organiza o Festival de Benicàssim (FIB) cada ano, concurso do que foron proclamados vencedores. Ademais deste premio, tamén acadaron o de mellor maqueta para a revista Mondosdoro.

O seu primeiro álbum, 3.000 V 40.000 W, foi publicado pola discográfica Mushroom Pillow en marzo de 2006. O disco tivo grande acollida, e levounos a realizar unha extensa xira de presentación (máis de 100 concertos) por toda España e parte de Europa.

Mentres a banda aínda seguía a estar de xira, no ano 2007 foi publicado outro EP, The Impossible Mixes, disco que incluía catro remesturas do seu primeiro álbum e unha versión da canción de The Velvet Underground "Waiting for the man".

O seu segundo álbum, We Are Standard, tamén publicado pola discográfica Mushroom Pillow, saíu á luz o 4 de novembro de 2008. A xira de presentación deste novo LP pasou xa por toda España e algúns países de Norteamérica.

No ano 2010 participaron na IX edición do Festival do Norte.

Discografía

[editar | editar a fonte]
  1. Vázquez, Carlos. Esquire.es, ed. "WAS, el grupo antes conocido como We Are Standard". Consultado o 2 de febreiro de 2017.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]