Władysław Grabski
Aparencia
Władysław Dominik Grabski, nado en 1874 e finado en 1938, foi un economista, historiador e político, amais de primeiro ministro de Polonia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi primeiro ministro do seu país en dúas ocasións: en 1920, e entre o 1923 e o 1925. El propuxo a reforma monetaria da Segunda República de Polonia. O seu irmán Stanisław Grabski era tamén economista e político.
Grabski naceu en Borovo, en Gmina Bielawy, Polonia (entón parte do Imperio Ruso). Estudou Ciencias Políticas no Instituto de Estudos Políticos de París e Historia na Universidade de París.
Primeiro Ministro de Polonia | ||
---|---|---|
Segue a: Wincenty Witos |
Władysław Grabski (27 de xuño-24 de xullo de 1920)
|
Precede a: Wincenty Witos |
Związek Ludowo-Narodowy |
Primeiro Ministro de Polonia | ||
---|---|---|
Segue a: Wincenty Witos |
Władysław Grabski | Precede a: Aleksander Skrzyński |
Związek Ludowo-Narodowy |