Saltar ao contido

Voo 972 de Cubana de Aviación

Voo 972 de Cubana de Aviación
O avión do accidente en marzo de 2011
Resumo
Data  18 de maio de 2018
Causa  Baixo investigación
Lugar  Santiago de las Vegas
Coordenadas 
Orixe  aeroporto José Martí
Destino  aeroporto Frank País
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 737-200 Advanced
Operador  Global Air no nome de
Cubana de Aviación
Rexistro  XA-UHZ
Pasaxeiros  104
Tripulación  9
Superviventes  3

O voo 972 de Cubana de Aviación era un voo doméstico en Cuba entre o Aeroporto Internacional José Martí na Habana e o aeroporto Frank País en Holguín. O 18 de maio de 2018, o Boeing 737-200 Advanced que voaba a ruta esnafrouse pouco despois de engalar da Habana,[1][2] estoupando en chamas[3][4] a 10 quilómetros do aeroporto,[5] nunha granxa preto de Santiago de las Vegas, a 19 quilómetros do centro da Habana.[3][6] 110 pasaxeiros e tripulantes morreron no accidente.

O aparello era un Boeing 737-200 alugado a Global Air, operando un voo doméstico regular no nome de Cubana de Aviación dende A Habana a Holguín.[7][8] Nos meses anteriores Cubana retirara varios dos seus avións do servizo debido a problemas mecánicos coa súa propia frota, en parte debido ao embargo estadounidense a Cuba, e confiou en avións alugados para manter os seus servizos.[9] O día antes do accidente, o Instituto de Aeronáutica Civil de Cuba deixou en terra á frota de Antonov An-148 de Cubana debido a problemas mecánicos.[10]

O Boeing 737-2H6 foi fabricado en xullo de 1979 e tiña 38 anos.[11] O avión entrou en servizo con Piedmont Airlines, e dende entón operou en aeroliñas do Canadá, Chile, o Camerún, Benín e o Caribe, ademais dun período de cinco anos que voou coa Armada dos Estados Unidos de América, antes de ser mercado por Global Air en 2013.[12] Global Air declarou que o aparello pasara en novembro de 2017 unha inspección gobernamental, e tiña os permisos de operación e alugueiro actualizados.[13]

Accidente

[editar | editar a fonte]

O CU-972 era un voo doméstico cara ao Aeroporto Internacional Frank País no leste de Cuba. Transportaba un total de 113 persoas, 104 pasaxeiros e 9 tripulantes.[3] O piloto era o capitán Jorge Luis Núñez Santos, e o seu primeiro oficial era Miguel Ángel Arreola Ramírez.[5][14] Cinco dos pasaxeiros eran estranxeiros e polo menos seis dos tripulantes eran mexicanos.[14]

O voo engalou pouco despois das 10:00 hora local e esnafrouse as 12:08 a uns 10 quilómetros do aeroporto.[10] O aparello caeu nunha granxa do estado cubano e non feriu a ninguén en terra.[10] Os restos incendiáronse e testemuñas no aeroporto informaron ter visto unha nube de fume do lugar do sinistro.[6] As primeiras respostas, incluídos bombeiros e ambulancias, saíron da Habana cara ao lugar do accidente para iniciar as tarefas de rescate.[10] O aeroporto José Martí pechouse temporalmente tras o accidente, pero abriu esa mesma tarde.[10]

Dos 113 ocupantes, tres mulleres sobreviviron ao accidente, todas elas en estado crítico.[15] Un home sobreviviu pero morreu posteriormente no hospital.[13]

  1. ABC News (ed.). "Jet with 104 passengers crashes just after takeoff in Cuba". Consultado o 19 de maio de 2018. 
  2. "Cuba: more than 100 dead after plane crashes shortly after takeoff". The Guardian. Consultado o 19 de maio de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 BBC (ed.). "Cuba plane crash leaves more than 100 dead". Consultado o 19 de maio de 2018. 
  4. CNN (ed.). "More than 100 killed in Cuba plane crash, state media reports". Consultado o 19 de maio de 2018. 
  5. 5,0 5,1 Secretaría de Comunicaciones y Transportes de México (ed.). "Accidente de la aeronave XA-UHZ ocurrido el día 18 de mayo de 2018". Consultado o 19 de maio de 2018. 
  6. 6,0 6,1 "More Than 100 Dead in Plane Crash in Cuba". The Wall Street Journal. Consultado o 19 de maio de 2018. 
  7. Business Insider (ed.). "Boeing passenger jet with over 100 passengers crashes after taking off from Havana". Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2018. Consultado o 19 de maio de 2018. 
  8. The Aviation Herald (ed.). "Crash: Global Damojh B732 at Havana on May 18th 2018, lost height shortly after takeoff". Consultado o 19 de maio de 2018. 
  9. "More than 100 are feared dead in jetliner crash in Cuba". Los Angeles Times. Consultado o 19 de maio de 2018. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 "More than 100 killed in fiery Cuban airplane crash near Havana". Miami Herald. Consultado o 19 de maio de 2018. 
  11. Airfleets (ed.). "Boeing 737 - MSN 21816 - XA-UHZ". Consultado o 19 de maio de 2018. 
  12. "More than 100 people dead after airliner crashes in Cuba on domestic flight". The Washington Post. Consultado o 19 de maio de 2018. 
  13. 13,0 13,1 "More Than 100 Die as Aging Cuban Airliner Crashes". The New York Times. Consultado o 19 de maio de 2018. 
  14. 14,0 14,1 ABC News (ed.). "The Latest: 2 Argentines among dead in Cuba plane crash". Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2018. Consultado o 19 de maio de 2018. 
  15. CNN (ed.). "Plane crashes in Havana with more than 100 on board". Consultado o 19 de maio de 2018.