Voo 940 de Mexicana
| Voo 940 de Mexicana | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||||||
| Datas | |||||||||||
| |||||||||||
| Características | |||||||||||
|
Nave
| |||||||||||
|
Número de voo
| |||||||||||
| Implicados | |||||||||||
|
Operador/a
| |||||||||||
| Número de implicados | |||||||||||
| Mortes | 167 | ||||||||||
| Superviventes | 0 | ||||||||||
| Localización | |||||||||||
| |||||||||||
| Identificadores | |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata | |||||||||||
O voo 940 de Mexicana de Aviación era un servizo regular internacional entre a Cidade de México e os Ánxeles, con escalas en Puerto Vallarta e Mazatlán. O día 31 de marzo de 1986 o Boeing 727-200 que operaba o voo esnafrouse en El Carbón, unha montaña na Serra Madre Occidental ao noroeste da Cidade de México, matando a todos os ocupantes do avión.[1] Con 167 mortes, o accidente do voo 940 trátase do peor accidente de aviación ocorrido en México, e tamén o peor accidente dun Boeing 727.[2]
Accidente
[editar | editar a fonte]Ás 09:05, 50 minutos despois da engalaxe, un estoupido sacudiu a fuselaxe. O capitán Guadarrama e a tripulación na cabina de mando, decatándose de que o avión sacudíase demasiado, declararon unha emerxencia e solicitaron regresar ao aeroporto Benito Juárez para aterrar de emerxencia.[3] O aeroporto estaba preparado para a aterraxe, pero o avión esnafrouse na montaña El Carbón preto da cidade de Maravatío, Michoacán, partiu en dous e comezou a arder.[3] Os 167 ocupantes morreron no impacto.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Seiler, Michael (1986-04-01). "All 166 on Jet Die in Mexican Crash : Mexicana 727, En Route to L.A., Hits Mountain West of Capital and Burns". Los Angeles Times (en inglés). Consultado o 2021-12-04.
- ↑ Ranter, Harro. "Aviation Safety Network > ASN Aviation Safety Database > Aircraft type index > Boeing 727". aviation-safety.net. Consultado o 2021-12-04.
- ↑ 3,0 3,1 Perez, E. C. (2009-09-29). "Kique's Corner: The Crash of Mexicana de Aviacion Flight 940". Kique's Corner. Consultado o 2021-12-04.
