Saltar ao contido

Voo 759 de Pan Am

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 759 de Pan Am
Imaxe
 Instancia de
 Causado por
windshear (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
 Nave
Datas
 Data
9 de xullo de 1982 Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Operador/a
Localización
 Situado en
 Lugar de saída
 Lugar de chegada
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Número de feridos
   4 Editar o valor en Wikidata
 Mortes
   153 Editar o valor en Wikidata
 Número de superviventes
   0 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/03qch3 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O voo 759 de Pan Am era un servizo doméstico regular de pasaxeiros dende Miami ata San Diego, con escalas en Nova Orleáns e Las Vegas. O día 9 de xullo de 1982 o Boeing 727 que operaba a ruta esnafrouse no suburbio de Kenner de Nova Orleáns despois de verse forzado a baixar por unha microrráfaga de vento tras a engalaxe. As 145 persoas a brdo e 8 en terra morreron.[1] O accidente foi o que máis vítimas mortais tivo no ano 1982.

Avión e tripulación

[editar | editar a fonte]

O avión implicado, un Boeing 727-235 de 14 anos, con rexistro N4737 e número de construción 19457/518, fora entregado a National Airlines o 31 de xaneiro de 1968. O aparello estaba equipado con tre motores Pratt & Whitney JT8D-7B,[2] e fora rebautizado de 37 Susan/Erica e Clipper Defiance tras a fusión de National con Pan Am.

No momento do accidente o avión levaba 138 pasaxeiros e 7 tripulantes. O capitán era Kenneth L. McCullers, de 45 anos e con 11 727 horas de voo, incluídas 10 595 no Boeing 727.[1] McCullers foi descrito por outros como un piloto "por riba da media", con quen era "confortable" voar debido ao seu excelente xuízo e habilidade para o mando. O primeiro oficial era Donald G. Pierce, de 32 anos e con 6 127 horas de voo 3 914 delas no Boeing 727.[1] Pierce foi descrito por outros capitáns como un piloto concienzudo con excelentes coñecementos de sistemas de avións e de procedementos e técnicas de voo da compañía. O enxeñeiro de voo era Leo B. Noone, de 60 anos e con 19 904 horas, 10 508 no Boeing 727.[1] Os tres tripulantes non informaran de problemas de sono ou de saúde e pasaran as súas probas sen problemas.[1]

  1. 1 2 3 4 5 "Informe do accidente" (PDF). NTSB. Consultado o 2018-12-20.
  2. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Boeing 727-235 N4737 New Orleans International Airport, LA (MSY)". aviation-safety.net. Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2013. Consultado o 2018-12-24.