Voo 751 de Scandinavian Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Voo 751 de Scandinavian Airlines
SAS McDonnell Douglas MD-81 (DC-9-81) OY-KHO KvW-1.jpg
O avión do accidente
Resumo
Data  27 de decembro de 1991
Causa  fallo dos dous motores
debido a danos por
obxectos estraños
Lugar  Gottröra, Suecia
Finados  0
Feridos  25
Aeronave
Tipo de aeronave McDonnell Douglas MD-81
Operador  Scandinavian Airlines
Rexistro  OY-KHO
Pasaxeiros  123
Tripulación  6
Superviventes  129 (todos)

O voo 751 de Scandinavian Airlines era un voo regular de pasaxeiros de Scandinavian Airlines entre Estocolmo e Varsovia con escala en Copenhague. O avión era un McDonnell Douglas MD-81, con rexistro OY-KHO, pilotado polo capitán danés Stefan G. Rasmussen (44) e o primeiro oficial sueco Ulf Cedermark (34). O 27 de decembro de 1991 formárase xeo nas raíces das ás (preto da fuselaxe) antes da engalaxe. Este desprendeuse e foi aspirado polos motores cando o avión estaba no aire tras a engalaxe. Despois de que ámbolos dous motores fallaran os pilotos víronse obrigados a realizar unha aterraxe de emerxencia nun campo preto de Gottröra, a uns 10 km ao nordés do aeroporto de Arlanda. Debido ao impacto a fuselaxe partíuse en tres partes, pero os 129 pasaxeiros a bordo do avión soreviviron.