Saltar ao contido

Voo 704 de Mexicana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 704 de Mexicana
 Instancia de
 Causado por
Características
 Nave
Datas
 Data
4 de xuño de 1969 Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Operador/a
Localización
 Lugar de saída
 País
Cifras e dimensións
 Número de feridos
   0 Editar o valor en Wikidata
 Mortes
   79 Editar o valor en Wikidata
 Número de superviventes
   0 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0n_9602 Editar o valor en Wikidata
Número de vooMX704 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O voo 704 de Mexicana era un servizo entre Cidade de México e Monterrey. O día 4 de xuño de 1969 o Boeing 727-64, con rexistro XA-SEL, de Salinas Victoria, a unhas 20 millas ao norte de Monterrey. As 79 persoas a bordo morreron, incluídos o tenista Rafael Osuna e o político Carlos A. Madrazo.[1] O avión estaba aproximándose ao aeroporto do Norte preto de Monterrey. [2]

O accidente do voo 704 foi o peor accidente en chan mexicano ata o voo 940 de Mexicana, outro Boeing 727, ocorrido o 31 de marzo de 1986, mantando os 167 ocupantes.

O aparello accidentado era un Boeing 727-64 de dous anos de idade con rexistro XA-SEL. O seu primeiro voo fora o 6 de xaneiro de 1967 e o día 17 dese mesmo mes foi entregado a Mexicana de Aviación, sendo bautizado Azteca de Oro. O avión estaba equipado con tres motores turboventilador Pratt & Whitney JT8D-7B.[2]

  1. "Mexican jet smashes peak, 79 aboard die". The Gazette. Consultado o 2018-12-22.
  2. 1 2 Ranter, Harro. "Descripción del Accidente ASN 04 JUN 1969 Boeing 727-64 XA-SEL - Monterrey-Gen Mariano Escobedo Airport (MTY)". aviation-safety.net (en castelán). Consultado o 2018-12-22.