Voo 571 da Forza Aérea Uruguaia
| Voo 571 da Forza Aérea Uruguaia | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||||||||
| Datas e cronoloxía | |||||||||||||
|
Data
| |||||||||||||
| Características | |||||||||||||
|
Nave
| |||||||||||||
|
Causado por
| |||||||||||||
| Implicados | |||||||||||||
|
Persoa relevante
Roberto Canessa
Eugenia Dolgay Parrado (en) Susana Parrado (en) Eduardo Strauch (pt) José Luis Inciarte (en) Gustavo Zerbino (en) Francisco Domingo Abal Guerault (en) Javier Methol (en) Roberto François (en) Fernando Parrado (pt) Numa Turcatti (pt) Carlos Páez Rodríguez (en) Pedro Algorta (en) Sergio Catalán | |||||||||||||
|
Operador/a
| |||||||||||||
| Número de implicados | |||||||||||||
| Feridos | 16 | ||||||||||||
| Mortes | 31 | ||||||||||||
| Superviventes | 16 | ||||||||||||
| Localización | |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||
O accidente do voo 571 da Forza Aérea Uruguaia aconteceu o venres 13 de outubro de 1972, cando o Fairchild FH-227D, un voo chárter que o día anterior engalara de Montevideo con destino Santiago de Chile, se estrelou na cordilleira dos Andes. O accidente aéreo e a posterior supervivencia dalgúns dos pasaxeiros pasarían a coñecerse en castelán coma «tragedia de los Andes» e «milagro de los Andes», é dicir, «traxedia dos Andes» e «milagre dos Andes», respectivamente.
Mentres o avión cruzaba os Andes, as nubes agochaban as montañas.[1] Os pilotos creron erroneamente que a aeronave xa sobrevoara Curicó, onde viraría ao norte para iniciar o seu descenso cara o Aeroporto Los Cerrillos da capital chilena. Non se decataron de que as lecturas dos instrumentos indicaban que aínda se atopaban a entre 60 e 70 km de Curicó.
A aeronave comezou a descender antes de tempo mentres aínda sobrevoaba os Andes, impactando deste xeito contra o fío dunha montaña. As dúas ás e a sección da cola desprendéronse da fuselaxe. O resto da fuselaxe escorregouse pola montaña a unha velocidade aproximada de 350 km/h, descendeu uns 750 m e estrelouse contra o xeo e neve do glaciar Las Lágrimas a 3570 m s. n. m. na Provincia de Mendoza, na Arxentina, a tan só 1200 m da fronteira con Chile. As autoridades comezaron decontado a busca do avión e sobrevoaron o lugar do accidente varias veces durante os seguintes días, mais non acadaron enxergar a branca fuselaxe sobre a neve. O 21 de outubro, cancelouse a busca.
A aeronave transportaba a cinco tripulantes e cuarenta pasaxeiros, incluídos dezanove membros do equipo de rugby Old Christians Club, xunto a algúns familiares, simpatizantes e amigos.[2] Tres membros da tripulación e dez pasaxeiros morreron a causa do impacto, mentres que catro persoas finaron durante a primeira noite debido ás xélidas temperaturas e ás súas graves feridas. Nas semanas posteriores finaron doce máis, de entre elas, oito por mor dun alude.
Táboa cronolóxica
[editar | editar a fonte]| Día | Data | Eventos e mortes | N.o de finados | N.o de desaparecidos | N.o de sobreviventes |
|---|---|---|---|---|---|
| Día 0 | 12 de outubro | Engalaxe dende Montevideo, Uruguai. | 45 sobreviventes | ||
| Día 1 | 13 de outubro | Engalaxe, após unha parada, ás 14:18 dende Mendoza, Arxentina.
Colisión ás 15:34. Caen do avión:
Finan por mor do choque ou pouco despois:
|
6 finados | 7 desaparecidos | 32 sobreviventes |
| Día 2 | 14 de outubro | Finan durante a primeira noite:
|
10 finados | 7 desaparecidos | 28 sobreviventes |
| Día 9 | 21 de outubro | Fina:
|
11 finados | 7 desaparecidos | 27 sobreviventes |
| Día 12 | 24 de outubro | Atópanse os cadáveres de:
|
16 finados | 2 desaparecidos | 27 sobreviventes |
| Día 17 | 29 de outubro | Un alude mata a:
|
24 finados | 2 desaparecidos | 19 sobreviventes |
| Día 34 | 15 de novembro | Fina:
|
25 finados | 2 desaparecidos | 18 sobreviventes |
| Día 37 | 18 de novembro | Fina:
|
26 finados | 2 desaparecidos | 17 sobreviventes |
| Día 60 | 11 de decembro | Fina:
|
27 finados | 2 desaparecidos | 16 sobreviventes |
| Día 61 | 12 de decembro | Roberto Canessa, Fernando Parrado e Antonio Vizintín saen á procura de axuda. | 27 finados | 2 desaparecidos | 16 sobreviventes |
| Día 62 | 13 de decembro | Atópase o cadáver de:
|
28 finados | 1 desaparecido | 16 sobreviventes |
| Día 63 | 14 de decembro | Atópase o cadáver de:
|
29 finados | 0 desaparecidos | 16 sobreviventes |
| Día 64 | 15 de decembro | Vizintín retorna á fuselaxe. | 29 finados | 0 desaparecidos | 16 sobreviventes |
| Día 69 | 20 de decembro | Parrado e Canessa atópanse co carreteiro chileno, Sergio Catalán. | |||
| Día 70 | 21 de decembro | 2 persoas son rescatadas:
| |||
| Día 71 | 22 de decembro | 6 persoas son rescatadas:
| |||
| Día 72 | 23 de decembro | 8 persoas son rescatadas:
| |||
Sobreviventes
[editar | editar a fonte]Os sobreviventes Javier Alfredo Methol Abal e José Luis Nicolás Inciarte Vázquez finaron, por mor dun cancro, en 2015 e 2023, respectivamente.[3] Na actualidade, os demais sobreviventes do accidente aéreo aínda viven.
| Nome | Idade | Ocupación | Notas |
|---|---|---|---|
| Adolfo Luis "Fito" Strauch Urioste | 24 | Estudante de enxeñaría agrónoma | |
| Alfredo Daniel "Pancho" Delgado Salaberri | 25 | Licenciado en dereito | |
| Álvaro Mangino Schmid | 19 | Estudante de enxeñaría técnica agropecuaria | |
| Antonio José "Tintín" Vizintín Brandi | 19 | Estudante de dereito | |
| Carlos Miguel "Carlitos" Páez Rodríguez | 19 | Estudante de enxeñaría técnica agropecuaria | |
| Daniel Fernández Strauch | 26 | Enxeñeiro agrónomo | |
| Eduardo José Strauch Urioste | 25 | Estudante de enxeñaría agrónoma | |
| Fernando Seler "Nando" Parrado Dolgay | 23 | Estudante de enxeñaría mecánica | |
| Gustavo Zerbino Stajano | 19 | Estudante de medicina | |
| Javier Alfredo Methol Abal | 37 | Empresario | † — Finado en 2015 |
| José Luis Nicolás "Coche" Inciarte Vázquez | 24 | Estudante de enxeñaría agrónoma | † — Finado en 2023 |
| José Pedro Jacinto María Algorta Durán | 21 | Estudante de economía | |
| Ramón Mario "Moncho" Sabella Barreiro | 21 | Estudante de enxeñaría agrónoma | |
| Roberto Fernando Jorge "Bobby" François Álvarez | 21 | Estudante de enxeñaría agrónoma | |
| Roberto Jorge Canessa Urta | 19 | Estudante de medicina | |
| Roy Álex Harley Sánchez | 20 | Estudante de enxeñaría industrial |
Obras
[editar | editar a fonte]Cinema e televisión
[editar | editar a fonte]- Supervivientes de los Andes (1976) — Produción cinematográfica mexicana dirixida por René Cardona Jr. e baseada no libro Survive!, de Blair.
- Alive (1993) — Longametraxe dirixida por Frank Marshall, narrado por John Malkovich e protagonizado por Ethan Hawke, baseada no libro homónimo de Read. O sobrevivente Nando Parrado, participou coma conselleiro técnico do filme.[4]
- Alive: 20 Years Later (1993) — Documental producido, dirixido e escrito por Jill Fullerton-Smith e narrado por Martin Sheen. Expón as vidas dos sobreviventes vinte anos despois do accidente e relata a súa participación no filme Alive.
- La sociedad de la nieve (2007) — Escrito e dirixido por Gonzalo Arijón, é un documental entrelazado con escenas dramatizadas. Entrevístase a tódolos sobreviventes, amais dalgúns familiares e persoas envoltas no rescate. Documentase unha expedición na que os sobreviventes retornan ao lugar do accidente. O filme estreouse en 2007, no Festival Internacional de Cinema Documental de Ámsterdam, onde recibiu o premio Joris Ivens.[5]
- «Trapped: Alive in the Andes» (7 de novembro de 2007) — Episodio da tempada 1 da serie de televisión e documental Trapped, de National Geographic. A serie examina os incidentes que deixaron aos sobreviventes atrapados durante o período do accidente.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "When dead reckoning became deadly: remembering the Andes air disaster". Flight Safety Australia (en inglés).
- ↑ ""Comer los cuerpos -para vivir hasta ser rescatados- fue más difícil para algunos que para otros": el impactante testimonio de un sobreviviente del "Milagro de los Andes"". BBC News (en castelán).
- ↑ "Murió José Luis “Coche” Inciarte, uno de los 16 sobrevivientes de la tragedia de los Andes". www.elpais.com.uy (en castelán). Consultado o 1 de decembro de 2023.
- ↑ "Alive and well". The Daily Telegraph (en inglés).
- ↑ Lee, Chris. "«The director of 'Stranded' has lived with this story»". Los Angeles Times (en inglés). Archived from the original on 26 de decembro de 2008. Consultado o 11 de maio de 2024.
