Saltar ao contido

Voo 505 de Aeroflot

Voo 505 de Aeroflot
 Instancia de
Características
 Nave
Datas
 Data
16 de xaneiro de 1987 Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Operador/a
Localización
 Localización
 Lugar de saída
 Lugar de chegada
Shahrisabz (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Coordenadas
Cifras e dimensións
Mortes9 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0jk_d01 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O voo 505 de Aeroflot esnafrouse xusto despois de engalar de Tashkent o día 16 de xaneiro de 1987. O voo 505 era un servizo a primeira hora da mañá entre Tashkent e Shahrisabz, na República Socialista Soviética de Uzbekistán. O avión engalou xusto un minuto e 28 segundos despois de que o fixese un Ilyushin Il-76, atopándose así coa súa turbulencia de estela. O Yakovlev Yak-40 despois inclinouse bruscamente cara á dereita e golpeou o chan incendiándose. As 9 persoas a bordo morreron.[1][2]

Avión e tripulación

[editar | editar a fonte]

O aparello implicado era un Yakovlev Yak-40 con rexistro CCCP-87618. No momento do accidente o avión tiña 17 132 horas de voo en 20 927 ciclos.[2]

A tripulación estaba formada por:[3]

  • Capitán T. Yunusbek.
  • Copiloto Valery Strunin.
  • Enxeñeiro de voo R. F. Davydov.
  • Asistente de vooT. A. Kulikova.
  1. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Yakovlev Yak-40 CCCP-87618 Tashkent-Yuzhny Airport (TAS)". aviation-safety.net. Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2005. Consultado o 2019-01-30.
  2. 1 2 "Яковлев Як-40 Бортовой №: СССР-87618". russianplanes.net. Consultado o 2019-01-30.
  3. "160187 - Авиакатастрофы - - Каталог статей - Любителям гражданской авиации посвящается...". dream-air.ru. Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2019. Consultado o 2019-01-30.