Voo 3591 de Atlas Air

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 3591 de Atlas Air
O Boeing 767 accidentado
Resumo
Data  23 de febreiro de 2019
Causa  baixo investigación
Lugar  Trinity Bay
Coordenadas  Coordenadas: 29°45′50″N 94°42′53″O / 29.763888888889, -94.714722222222
Orixe  aeroporto de Miami
Destino  aeroporto George Bush
Finados  3
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 767-375(ER)(BCF)
Operador  Atlas Air para Amazon Air
Rexistro  N1217A
Pasaxeiros  1
Tripulación  2
Superviventes  0

O voo 3591 de Atlas Air era un voo regular de carga doméstico operado para Amazon Air entre o aeroporto de Miami e o aeroporto intercontinental George Bush en Houston. O 23 de febreiro de 2019 o Boeing 767-375(ER)(BCF) que operaba a ruta esnafrouse en Trinity Bay durante a aproximación a Houston, matando aos dous tripulantes e a un pasaxeiro a bordo. O accidente ocorreu preto de Anahuac, Texas, ao leste de Houston, pouco antes das 12:45 CST (18:45 UTC).[1][2][3] Os restos atopáronse nas augas pouco profundas de Trinity Bay.

Avión[editar | editar a fonte]

O Boeing 767-375ER (MSN 25865/430) tiña o rexistro N1217A e case 27 anos de idade no momento do accidente, sendo construído en 1992. Fora pedido orixinalmente por Canadian Airlines, pero comezou a operar con China Southern Airlines a través de GPA, unha compañía de alugamento de avións.[4] En 1997 foi transferido a LAN Airlines onde voou durante 19 anos antes de ser almacenado en xaneiro de 2016. Foi convertido en cargueiro en abril de 2017, e posto en servizo para Amazon Prime Air por Atlas Air.[5] En agosto de 2018 Amazon bautizou dous avións co nome CustomAir Obsession, incluído o N1217A. O nome, pintado xusto detrás das fiestras da cabina de mando, facía referencia a "customer obsession", un dos principios de Amazon.[6] O aparello acumulaba máis de 90 000 horas de voo en 23 000 ciclos e estaba equipado con dous motores GE CF6-80.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Remains found after cargo jet with three aboard crashes in water near Houston". NBC News (en inglés). Consultado o 2019-03-11. 
  2. Josephs, Leslie (2019-02-23). "Atlas Air Flight 3591: Cargo jet crashes near Houston with 3 aboard". www.cnbc.com. Consultado o 2019-03-11. 
  3. "Atlas Air Confirms Family Assistance Established in Flight 3591 Accident". Atlas Air Worldwide (en inglés). 2019-02-24. Consultado o 2019-03-11. 
  4. "Amazon Cargo Aircraft Crashes On Flight 3591". Aviation Blog (en inglés). 2019-02-25. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-03-11. 
  5. "Tracking Amazon Prime Air’s fleet: aircraft from six continents and 35 airlines – Aeronautics Online" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-03-11. 
  6. "Amazon's global career site". amazon.jobs (en inglés). Consultado o 2019-03-11. 
  7. "FAA Registry - N1217A". registry.faa.gov. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-03-11.