Saltar ao contido

Voo 291 de Iran Air

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 291 de Iran Air
Imaxe
 Instancia de
 Causado por
Características
 Nave
Datas
 Data
21 de xaneiro de 1980 Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Operador/a
Localización
 Localización
 Lugar de saída
 Lugar de chegada
 País
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Número de feridos
   0 Editar o valor en Wikidata
 Mortes
   128 Editar o valor en Wikidata
 Número de superviventes
   0 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/04g1rl_ Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O voo 291 de Iran Air foi un voo que se esnafrou o día 21 de xaneiro de 1980. Tratábase dun voo doméstico entre o aeroporto de Mashhad e o aeroporto de Mehrabad en Irán, operado por un Boeing 727-86. Ás 19:11 hora local, o aparello, con rexistro EP-IRD, chocou contra as montañas Alborz, a 29 quilómetros ao norte de Teherán, durante a aproximación á pista 29 do aeroporto de Mehrabad en condicións de néboa e neve.[1] Os 8 tripulantes e 120 pasaxeiros morreron no accidente, e o avión quedou esnaquizado. Na época o voo 291 de Iran Air foi o peor accidente aéreo de Irán.

Os investigadores concluíron que a causa probable do accidente foi que o ILS e o radar de terra non estaban operativos.[1] O presidente e cinco funcionarios da Autoridade da Aviación Civil de Irán foron condenados por homicidio involuntario[2] como resultado do voo 291.

  1. 1 2 Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Boeing 727-86 EP-IRD Tehran-Mehrabad Airport (THR)". aviation-safety.net. Consultado o 2018-12-13.
  2. Gero, David (1996). Aviation Disasters Second Edition. Patrick Stephens Limited. ISBN 978-1852605261.