Uns cinco minutos despois de que o avión engalase do aeroporto de Baku a tripulación informou dun fallo dos sistemas. Voar sobre o mar Caspio de noite sen instrumentos fixo que a tripulación tivese dificultade para xulgar os seus parámetros de voo. Mentres intentaba regresar a Baku o aparello esnafrouse pouco despois na ribeira do Caspio, matando todos os pasaxeiros e tripulantes.[2][3]