Saltar ao contido

Voo 1866 de Alaska Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 1866 de Alaska Airlines
O avión do accidente en 1967
Resumo
Data  4 de setembro de 1971
Causa  erro do piloto
Lugar  Haines Borough, Alasca
Coordenadas 
Finados  111
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 727-193
Operador  Alaska Airlines
Rexistro  N2969G
Pasaxeiros  104
Tripulación  7
Superviventes  0

O voo 1866 de Alaska Airlines era un servizo regular dende Anchorage, Alasca, ata Seattle, Washington, con varias escalas. O 4 de setembro de 1971 o Boeing 727 que operaba a ruta esnafrouse contra unha montaña en Haines Borough, preto de Juneau, Alasca durante a aproximación para aterrar. 111 persoas morreron.[1] Foi o primeiro accidente dun reactor con vítimas mortais de Alaska Airlines, e o peor accidente cun único avión da historia do Estados Unidos ata o día 24 de xuño de 1975, cando se esnafrou o voo 66 de Eastern Airlines. Ata a data é o peor accidente da historia de Alaska Airlines.

Accidente

[editar | editar a fonte]

O avión era un Boeing 727-100 con rexistro N2969G fabricado no ano 1966. Acumulaba 11 344 horas de voo antes do accidente. O voo 1866 orixinárase en Anchorage, Alasca, e fixera escalas en Cordova e Yakutat. Por diante tiña outras dúas escalas en Juneau e Sitka antes de rematar o voo en Seattle. O avión aterrou en Yakutat ás 11:07 a.m e engalou ás 11:35 a.m. cara Juneau.

O capitán do voo era Richard C. Adams, de 41 anos. Pilotando o avión estaba o primeiro oficial Leonard D. Beach, de 32. James J. Carson era o segundo oficial. Beach e Carson levaban en Alaska Airlines dende 1966. Adams fora contratado pola aeroliña en 1955.

No avión viaxaban sete membros da tripulación en 104 pasaxeiros.[2]

O avión golpeu a vertente oriental dun canón na cordilleira Chilkat do Bosque Nacional Tongass a 2 500 pés, a 35 km ao oeste de Juneau. O avión desintegrouse no impacto ás 12:15 p.m. Non houbo superviventes.[2]

Investigación

[editar | editar a fonte]

A NTSB publicou o seu informe o 11 de outubro de 1972. No informe afirmábase que a causa probable do accidente foi "unha visualización de información de navegación engañosa sobre o progreso do voo ao longo do curso do localizador que deu lugar a un descenso prematuro por debaixo da altura libre de obstáculos. A orixe ou natureza da información de navegación engañosa non se puido determinar. A Xunta conclue ademais que a tripulación non utilizou todas as axudas á navegación dispoñibles para comprobar o progreso do voo ao longo do localizador nin tampouco se requiriron esas axudas para ser usadas. A tripulación tampouco realizou a requirida indentificación de radio das instalacións de navegación pertinentes".[2]

Na historia de Alaska Airlines do escritor de aviación Robert J. Serling Character and Characters, publicada en 2008, inclúese unha descrición da investigación da NTSB e de investigacións independentes posteriores.[3]

  1. "Alaska Airlines". www.historylink.org. Consultado o 2018-12-23. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Boeing 727-193 N2969G Juneau, AK". aviation-safety.net. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2013. Consultado o 2018-12-23. 
  3. "SitNews: 40 Years ago, 111 died in Alaska Airlines Crash Near Juneau By DAVE KIFFER". www.sitnews.us. Consultado o 2019-01-16.