Voo 153 de Caledonian Airways
Aparencia
Voo 153 de Caledonian Airways | |
---|---|
DC-7C semellante ao do accidente
| |
Resumo | |
Data | 4 de marzo de 1962 |
Causa | indeterminada |
Lugar | aeroporto de Douala |
Coordenadas | |
Finados | 111 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Douglas DC-7C |
Operador | Caledonian Airways |
Rexistro | G-ARUD |
Pasaxeiros | 101 |
Tripulación | 10 |
Superviventes | 0 |
O voo 153 de Caledonian Airways era un servizo chárter multi-traxecto de pasaxeiros dende Luxemburgo, con paradas en Khartún, Lourenço Marques (hoxe Maputo), Douala e Lisboa, antes de regresar a Luxemburgo. O día 4 de marzo de 1962 o Douglas DC-7C que operaba a ruta, con rexistro G-ARUD, esnafrouse pouco despois de engalar do aeroporto de Douala, no Camerún, nun pantano na beira dunha selva a 2,4 quilómetros do aeroporto. Trátase do peor accidente dun DC-7.[1]
Avión
[editar | editar a fonte]O avión fora alugado a Sabena en novembro de 1961 e fora bautizado como Star of Robbie Burns. O aparello tiña máis de 14 000 horas de voo antes do accidente.