Volcán Qualibou

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


O volcán Qualibou está situado moi cerca da cidade de Soufriere, ao leste de Santa Lucía, un pequeno país localizado ao norte de Venezuela e Trinidad e Tobago e ao sur da Martinica, en augas do mar Caribe. A palabra Qualibou significa "lugar de morte" no idioma dos amerindios caribes e nese lugar os arauacos adoraban a Yokaho, o seu deus do lume. No século XVIII algunhas compañías fabricantes de mistos e pólvora instaláronse na área para aproveitar os seus depósitos de xofre. Tecnicamente o Qualibou non é un volcán, senón que son os restos dun volcán que fixo erupción e posteriormente se colapsou hai 39.000 anos. O lugar está conectado á rede de camiños de Santa Lucía e, polo tanto, recibe unha gran cantidade de turistas, os cales acoden coa intención de apreciar as súas caídas de auga e nadar nos seus mananciais sulfurosos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]