Vital Michalon
Aparencia
Túmulo de Vital Michalon en Faverges | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Vital Marie Edmond Michalon 26 de novembro de 1946 Sainte-Colombe, Francia |
Morte | 31 de xullo de 1977 (30 anos) Bouvesse-Quirieu, Francia |
Causa da morte | homicidio, parada cardiorrespiratoria |
Ideoloxía política | Movemento antinuclear |
Actividade | |
Ocupación | mestre, activista |
Vital Michalon, nado o 26 de novembro de 1946 en Sainte-Colombe e morto o 31 de xullo de 1977 en Bouvesse-Quirieu,[1] foi un profesor de física, ecoloxista e anarquista francés.[2] Malia non militar en ningunha organización, participou por principios na manifestación contra a central de Creys-Malville.
Circunstancias da súa morte
[editar | editar a fonte]Foi abatido pola policía durante a manifestación de Creys-Malville en 1977, que se opoñía á creación da central nuclear de Creys-Malville.[3] Os seus pulmóns rebentaron pola deflagración dunha granada de man lanzada polas forzas da orde.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "matchID - MICHALON Vital Marie Edmond 30 ans, Sainte-Colombe 26/11/1946 - Bouvesse-Quirieu 31/07/1977". matchID - Moteur de recherche des personnes décédées (en francés). Consultado o 30 de xaneiro de 2023.
- ↑ Salanson, Virginie; Loizeau, Céline (31 de xullo de 2017). "Superphénix: il y a quarante ans, Vital Michalon mourrait en manifestant contre la centrale nucléaire". France Bleu (en francés) (Creys-Mépieu). Consultado o 30 de xaneiro de 2023.
- ↑ Lavocat, Lorène (31 de xullo de 2017). "Il y a quarante ans, l’État tuait Vital Michalon, jeune antinucléaire". Reporterre - Le média de l'écologie (en francés) (Creys-Malville). Consultado o 30 de xuño de 2023.